Doctoral Fellowship Program

Doctoral Fellowship Program

Convocatoria aberta

A Fundación Barrié e Louisiana State University Health Sciences Center at Shreveport convocan o Doctoral Fellowship Program para universitarios galegos na área de Ciencias da Vida.
 
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de catro bolsas para a realización dos seguintes programas de doutorado (Ph.D.) ofertados pola Escola de Posgrao de Louisiana State University Health Sciences Center: Bioquímica e Bioloxía Molecular; Anatomía e Bioloxía Celular; Microbioloxía e Inmunoloxía; Fisioloxía Celular e Molecular; Farmacoloxía; e Toxicoloxía e Neurociencia.
 
O programa ten unha duración mínima de tres anos. Os estudantes seleccionados recibirán, ademáis dunha preparación excelente no campo da investigación biomédica, apoio económico en concepto de research stipend e living allowance.

CONTIDOS RELACIONADOS