Bolsas Colexios do Mundo Unido
Bolsas Colexios do Mundo Unido
Desde 1993 ata 2012 a Fundación Barrié concedeu 20 bolsas a estudantes galegos para realizaren estudos de Bacharelato Internacional nalgún dos Colexios do Mundo Unido (UWC).
A fin última de Colexios do Mundo Unido é promover unha sociedade de paz a través dunha educación multicultural e na diversidade. Para acadar ese obxectivo, conta con 13 colexios repartidos por outros tantos países de catro continentes nos que estudan uns 200 mozos e mozas de entre 80 e 100 nacionalidades.
Todos eles son seleccionados e becados nos seus países de orixe segundo o mérito persoal, deixando a un lado a orixe socioeconómica, o credo político, a relixión... É unha formación integral e de excelencia académica, pero ao alcance de todos.
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar