BUSCAR
Capacitación de Xestores de Transferencia
Luns 09 de Decembro de 2019
Venres 13 de Decembro de 2019
Sala 2 da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021”, que se estenderá ao longo do trienio 2019 -2021, está dirixido a xestores de transferencia de tecnoloxía do Sistema Galego de Innovación. A participación nos cursos e a obtención da acreditación está financiada por GAIN e a Fundación Barrié.
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021” facilita a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional de ATTP – Alliance of Technology Transfer Professionals. Para iso levará a cabo un ciclo formativo específico e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo para a obtención da certificación.
Datas de celebración: do 9 ao 13 de decembro de 2019
Lugar de celebración: Sala 2 da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Inscricións: formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.
Prazo de inscrición: o prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de decembro de 2019 ás 20:00 h.
Número de prazas: 50
Participación: as prazas para a participación no programa son limitadas polo que se priorizarán as solicitudes de candidatos que xa acrediten puntos RTTP.
Toda a formación será impartida en inglés, polo que será necesario acreditar un nivel mínimo de B2.
Documentación e enlaces:
- Descrición da acreditación RTTP (pdf)
- Programa formativo para a acreditación 2019 – 2021 (pdf)
- Accións formativas 2019 (pdf)
- Formulario de inscrición (pdf)
- No enderezo electrónico: programacion.centros.gain@xunta.gal
- No teléfono: 981 957 000
ETIQUETADO EN: COMPETENCIAS TRANSVERSAIS , XESTORES DE TRANSFERENCIA , EMPRENDEMENTO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-