Un Artista na Escola
Un Artista na Escola
Proxecto didáctico
Un Artista na Escola é un proxecto educativo pioneiro en España que reúne artistas e profesores, co propósito de utilizar a expresión artística como ferramenta didáctica para unha mellor asimilación dos contidos curriculares, ofrecendo aos alumnos e profesores unha proposta innovadora baseada no desenvolvemento da creatividade e das competencias básicas do currículo educativo.
Profesores e artistas traballan en común na elaboración dunha unidade didáctica que contempla exercicios preparatorios para a clase impartidos polos profesores. Posteriormente ten lugar a propia sesión na aula na que profesores e artistas levan á práctica esta unidade didáctica conxuntamente utilizando as diferentes expresións artísticas como ferramenta que permite asimilar conceptos complexos de xeito sinxelo e práctico nunha soa sesión.
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar