BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Alumni: VI Asemblea Xeral e XVI Xornadas de Formación

Mércores 30 de Novembro de 2016
17:30

Sede A Coruña


Xoves 01 de Decembro de 2016

09:00-13:00

Sede A Coruña


A Conferencia Internacional de Entidades Alumni organiza a súa VI Asemblea Xeral Ordinaria o mércores 30 de novembro ás 17:30 hs. (18:00 hs. en segunda convocatoria); e ao día seguinte, 1 de decembro, terán lugar as XVI Xornadas de Formación Alumni a partir das 9.00 hs.

XVI Xornadas de Formación Alumni

"Cha?pters internacionais: a globalización da rede alumni"


A mala situación laboral en España, derivada da crise económica dos últimos anos, elevou o número de titulados universitarios do noso país que, por motivos profesionais, reside no estranxeiro. Isto, unido ao crecente número de estudantes que completan a súa formación en universidades internacionais, xa sexa para accederen a un traballo interesante ou a un mercado laboral inmenso, fai que a xestión dos colectivos alumni se complique cun factor máis: a mobilidade xeográfica internacional.

Durante esta xornada, os directores da área de relacións internacionais de ESADE Alumni e IESE Alumni compartirán connosco a súa experiencia na posta en marcha de chapters internacionais para que, máis alá de ser un punto de encontro para os alumni expatriados, acheguen valor ás nosas institucións para acadar os obxectivos fixados.

Programa das XVI Xornadas de Formación Alumni

9:00 - 9:30 hs.    Rexistro de asistentes

Acreditacións e entrega de documentación da xornada

9.30 - 9:40 hs.   Presentación das Xornadas
Carmen Jiménez, Presidenta Conferencia Alumni
 
9:45 - 10:30 hs.  Relatorio 1: A experiencia de ESADE Alumni
Iñaki Ocaña. Director International Alumni Relations

10:30 - 11:15 hs.  Relatorio 2: A experiencia de IESE Alumni
Win den Tuinder, Director Alumni International Network

11:15 - 12:15 hs. Coloquio

12:15 - 12:25 hs. Conclusións e peche
Data e lugar seguintes xornadas
Foto de grupo

13:00 hs.  Xantar

PRÓXIMOS EVENTOS