BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
FECHA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa y ediciones anteriores

SUSCRIPCIÓN AL NEWSLETTER

Reciba en su correo toda la actualidad de la Fundación Barrié

Suscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imagen Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


19-07-2021

  • O volume VII do Atlas Lingüístico galego (ALGa), pertencente á colección “Biblioteca Filolóxica galega”, integrada por traballos do Instituto da Lingua Galega (ILG), está dedicado ao léxico referido ao ser humano.
  • A Biblioteca Filolóxica Galega xorde a finais dos anos noventa ao abeiro dun convenio entre o ILG e a Fundación Barrié co obxecto de trasladar á sociedade obras relevantes de investigación filolóxica en calquera das distintas disciplinas e liñas de investigación que contribúan ao avance do coñecemento sobre a lingua galega pasada e presente.
  • Ata a data, a Fundación Barrié publicou todos os volumes do Atlas Lingüístico Galego así, no ano 1990 publicouse o primeiro dedicado ao estudo da Morfoloxía verbal. O Volume VII do ALGa é o segundo que se edita conxuntamente coa Universidade de Santiago de Compostela.
  • O Instituto da Lingua Galega, creado en 1971 pola Universidade de Santiago de Compostela, foi promovido e apoiado pola Fundación Barrié cun investimento acumulado, en euros constantes, de 1,5M€ desde as súas orixes que se remontan a 1968. Este apoio traduciuse na edición de 25 títulos en 50 anos.
 

José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Anxo Manuel Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura de la Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia; Xosé Luis Regueira Fernández, director do Instituto da Lingua Galega e o equipo investigador.

A Coruña, 19 de julio de 2021: O “ATLAS LINGÜÍSTICO GALEGO VII: O SER HUMANO (II)” foi presentado hoxe na sede da Fundación Barrié en A Coruña nun acto no cal participaron José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Anxo Manuel Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura de la Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Xosé Luis Regueira Fernández, director do Instituto da Lingua Galega.
 
O volume VII do Atlas Lingüístico galego (ALGa), pertencente á colección “Biblioteca Filolóxica galega”, integrada por traballos do Instituto da Lingua Galega, ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores. Está constituído por 294 mapas que dan conta da variación léxica no dominio galego de conceptos vinculados coa familia, as relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios, en total máis de catro mil variantes léxicas para os case trescentos conceptos analizados. O equipo investigador foi formado polos profesores Rosario Álvarez Blanco; Francisco Dubert García e Xulio César Sousa Fernández. No ámbito dos estudos de dialectoloxía europeos o atlas galego é recoñecido polo rigor na presentación dos datos e pola calidade das visualizacións cartográficas.
 
O ALGA enmárcase na Biblioteca Filolóxica Galega que xorde a finais dos anos noventa, dirixido polos lingüistas Constantino García falecido en 2008 e Antón Santamarina,  , ao abeiro dun convenio entre o ILG e a Fundación Barrié co obxecto de trasladar á sociedade obras relevantes de investigación filolóxica en calquera das distintas disciplinas e liñas de investigación que contribúan ao avance do coñecemento sobre a lingua galega pasada e presente.
 
Ata a data, a Fundación Barrié publicou todos os volumes do Atlas Lingüístico Galego así, no ano 1990 publicouse o primeiro dedicado ao estudo da Morfoloxía verbal; no ano 1995 publicouse o segundo volume, dedicado ao estudo da Morfoloxía non verbal; entre 1900-1999 publicouse o terceiro Atlas lingüístico galego, dedicado a Fonética;  o cuarto volume publicouse en 2003 baixo o titulo Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico; en 2006 viu a luz o V volume, dedicado a O ser humano; en 2016 presentouse o sexto volume baixo o titulo Léxico. Terra, plantas e árbores; e o VII volume, dedicado a O ser humano (II), presentado hoxe.
 
O material sobre o que se elaboran os volumes do ALGa está constituído polas enquisas realizadas en 167 localidades do territorio de fala galega entre os anos 1974 e 1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González.
 
Neste novo volume reúnese a información correspondente ás preguntas relacionadas coa familia, as relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios. A maioría dos mapas presentan as designacións rexistradas para un mesmo concepto: neno ata os 12 anos (neno, neniño, meniño, cativo, rapaz, etc.), pastor (besteiro, bestelleiro, cabaleiro, muleiro, etc.), curandeiro (manciñeiro, compostor, compoñedor, etc.), telleiro (telleiro, louseiro, canteiro, etc.). Uns poucos mapas recollen tamén a diversidade de significados con que son empregadas certas denominacións de medidas utilizadas no mundo agrícola (arroba, moio, ferrado, tego, etc.). Este volume é o segundo do ALGa con información léxica relacionada co ser humano, xa que en 2005 se publicou o volume V con datos sobre o vocabulario do corpo humano.
 
Este proxecto de investigación desenvólvese grazas ás axudas da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade e da Fundación Barrié. O sétimo volume do ALGa está publicado pola Fundación Barrié e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
 
 
50 ANOS DO INSTITUTO DA LINGUA
 
O INSTITUTO DA LINGUA foi creado hai 50 anos, en maio de 1971 pero, para coñecer a historia da súa creación, debemos remontarnos ao 25 de setembro de 1968, data na que o Profesor Constantino García enviaba un escrito á Fundación Barrié no que salientaba a escaseza de estudos dialectolóxicos galegos realizados con criterios científicos, destacando que os levados a cabo ata aquelas datas eran individuais e inconexos, apuntando a necesidade de crear un organismo dotado de medios que centralizase, organizase e impulsase este tipo de estudos, solicitando á Fundación apoio moral e económico para tal fin.
 
A Fundación Barrié, que poñía naqueles momentos os alicerces da súa estratexia e estaba especialmente interesada no eido do patrimonio lingüístico, acolleu co máximo interese esta proposta, concedendo axudas económicas ano tras ano durante estes 45 anos e colaborando eficazmente na súa creación, que foi efectuada en maio de 1971, cousa non doada naqueles momentos, pois aínda que a Lei de Educación de mil novecentos setenta prevía o estudo das linguas vernáculas, necesitouse unha intervención directa de Pedro Barrié de la Maza para superar as últimas dificultades.
 
Desde entón o IlGA vén despregando unha intensa actividade investigadora nos eidos da lingüística e da filoloxía galegas e, ao tempo, no desenvolvemento de ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que poñan ao dispor da comunidade académica e da sociedade no seu conxunto o coñecemento xerado no marco das actividades de investigación. Ademais, contribuíu decisivamente ao proceso de codificación ortográfica, gramatical, lexical e fonética do galego moderno.
 

RECURSOS DISPONIBLES

Imágenes