GRADschool 2016
Formación para investigadores
Lugar de celebración: Fundación Barrié, sede da Coruña
Datas: 18 - 21 de outubro 2016 (ambos inclusive)
O prazo de inscricións finalizará o 29 de setembro de 2016 ás 10.00 horas.
Formulario de inscrición: Acceder ao formulario
Os GRADschool son cursos de formación práctica e experimental de catro días de duración deseñados para que os investigadores desenvolvan e mediten sobre as competencias adquiridas como estudantes de doutoramento de segundo ou terceiro ano. Nestes cursos anímase aos investigadores a que reflexionen sobre como trasladar á práctica ditas competencias, e así poder decidir con maior rigor e fundamento os seguintes pasos na súa carreira profesional. Os GRADschool son un programa de referencia na formación e o desenvolvemento de doutorandos desde hai 40 anos e constitúen a base dos modelos de desenvolvemento de programas e recursos empregados por universidades e centros de investigación de primeiro nivel no Reino Unido.
O curso GRADschool impártese en inglés e ten carácter residencial.
Estrutura dun curso GRADschool
Neste curso, os participantes divídense en grupos de 8-10 persoas que participan en varios exercicios simulados relacionados con entornos laborais e académicos. Cada grupo conta coa asistencia dun titor que lles axuda a facer un balance das experiencias e a establecer vínculos entre o vivido durante o exercicio, a súa investigación ou doutoramento e a súa futura carreira.
O curso é interactivo e fundamentalmente experiencial. As presentacións e os contidos teóricos constitúen eixes complementarios do programa, xa que o conducor principal da instrución é a participación activa dos investigadores nas sesións e o networking.
Os obxectivos do curso inclúen:
- Desenvolver e reflexionar sobre as competencias transferibles
- Valorar o desempeño en dinámicas de grupo
- Desenvolver a súa eficacia e competencias comunicativas
- Tomar decisións sólidas e xustificadas sobre o futuro profesional
Exemplo de axenda para un curso GRADschool. Esta axenda serve exclusivamente como referencia inicial e está suxeita a modificacións, tanto de tempos como de actividades. A axenda final e definitiva enviarase aos asistentes coa confirmación da praza.
|
Martes 10:30 Benvida e rexistro de participantes 11:00 Presentación do día 11:30 Reto de innovación 13:00 Proposta de obxectivos 14:00 Xantar 15:30 Seminario sobre o impacto 17:00 Café 17:30 Seminario sobre o impacto (II) 18:30 Revisión en grupo 19:30 Fin da xornada Cea |
Mércores 10:00 Presentación do día 10:30 Simulación de negociación 12:00 Café 12:30 Simulación de negociación (continuación) 14:00 Xantar 15:30 Habilidades de presentación 17:00 Café 17:30 Feedback 18:30 Revisión en grupo 19:30 Fin da xornada Cea |
|
Xoves 10:00 Presentación do día 10:30 Dinámicas de grupo 12:00 Café 12:30 Dinámicas de grupo (continuación) 14:00 Xantar 15:30 Simulación de solución de problemas 18:30 Revisión en grupo 19:30 Fin da xornada Cea |
Venres 10:00 Presentación do día 10:30 Simulación de valores 12:00 Café 12:30 Simulación de valores (continuación) 14:00 Xantar 15:30 Seminario de planificación 17:00 Café 17:30 Revisión en grupo final 18:00 Dinámica final de grupo 19:00 Fin da xornada Cea |
Perfil do participante
Doutorandos das 3 universidades galegas e SERGAS que non participasen en anteriores edicións do GRADschool.
Darase prioridade a aqueles doutorandos que inicien o seu segundo ano de doutoramento en 2016.
Custo:
Gratuíto. Inclúe aloxamento e manutención.
Inscrición
Prazo de inscrición:
O prazo de inscricións finalizará o 29 de setembro de 2016 ás 10.00 horas.
A listaxe final de seleccionados publicarase nesta mesma páxina web, e comunicarase por correo electrónico o 3 de outubro de 2016 a partir das 17.00 horas. Os candidatos seleccionados terán que confirmar a súa asistencia antes do 6 de outubro de 2016 ás 10:00 horas.
Formulario de inscrición:
Acceder a formulario

Pechar