Ciclo de conferencias Amigos do Museo do Prado: "A historia da beleza. De Fidias a Picasso"
Ciclo de conferencias Amigos do Museo do Prado: "A historia da beleza. De Fidias a Picasso"
De novembro de 2014 a febreiro de 2015, sedes A Coruña e Vigo e Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC
A Fundación Barrié organiza unha nova edición do ciclo de conferencias que celebra cada ano, desde 1999, en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado. Na súa programación 2014-2015 o ciclo aborda a historia da Beleza na civilización occidental a través de artistas e obras caracteristicamente exemplares do longo proceso histórico que vai desde a antiga Grecia ata o comezo da nosa era contemporánea, para o cal se convocou a reputados especialistas na materia, españois e estranxeiros.
As conferencias son de entrada libre ata completar aforo e celébranse os xoves 6, 13 e 20 de novembro ás 20.00 horas na sede da Fundación na Coruña. O ciclo trasládase en decembro á sede da Fundación en Vigo e conclúe no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en febreiro de 2015.
Programa
A CORUÑA. 20.00 horas. Entrada libre ata completar o aforo
- 6 novembro: Existe a arte sen beleza?, por Francisco Calvo Serraller, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
- 13 novembro: De Giotto a Masaccio: recreación e construción dun modelo, por Víctor Nieto Alcaide, catedrático de Historia da Arte, Universidade Nacional de Educación a Distancia
- 20 novembro: O clasicismo das vangardas arquitectónicas, por Luis Fernández Galiano, catedrático de Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
VIGO. 20.00 horas. Entrada libre ata completar o aforo
- 4 decembro: A beleza e a fealdade na Grecia Clásica, por Miguel Ángel Elvira, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
- 11 decembro: Perspectivas excéntricas: anamorfoses, aberracións e imaxes ambiguas, por Agustín Sánchez Vidal, catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Zaragoza
- 18 decembro: Fra Luca Pacciolli e a sección áurea, por Antonio Manuel González Rodríguez, profesor titular de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
SANTIAGO. Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (febreiro de 2015)
- 12 febreiro: Rostro formado/ Rostro deformado, por Victor Stoichita, professeur ordinaire en histoire de l´art des temps modernes, Université de Fribourg
- 19 febreiro: O soño da razón produce monstros, por Valeriano Bozal, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar