Diccionario castelán-galego da Real Academia Galega

Este dicionario bilingüe está adaptado á nova normativa da Real Academia Galega. Contén máis de 25.000 artigos lexicográficos, e é sen dúbida o que ofrece unha información máis completa dos que existen neste momento no mercado. Cada artigo vai encabezado pola entrada en castelán, seguida da súa categoría gramatical. Cada acepción vai marcada por un discriminador semántico, e para cada unha delas ofrécense as distintas voces equivalentes en galego, das que se proporciona tamén información gramatical, cando esta difire nalgún aspecto da voz castelá de referencia. Cada acepción vai ilustrada cun exemplo en castelán coa súa tradución ó galego. Cando existen distintas categorías gramaticais dentro dunha entrada, as acepcións agrúpanse baixo cada unha das categorías, e cada un destes grupos vai clasificado baixo un epígrafe a), b), c).

Constantino García y Manuel González González, directores
Colección Galicia Viva

A Coruña, 2005
ISBN: 84-95892-26-X
996 páginas
Cartoné. Tamaño: 23 cm.

25.00€

CONTACTAR