Feria de Proyectos PITEAS 2019

Que é o programa Piteas?
Piteas é un programa promovido pola Fundación Barrié en colaboración coa Xunta de Galicia e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela.
O seu propósito principal é a mellora da calidade educativa. É un programa baseado na inclusión educativa e na atención á diversidade na que as tres institucións traballan conxuntamente para acadar un cambio metodolóxico real que faga posible a detección e o fomento do talento de todo o alumnado. O programa inclúe un plan de formación para o profesorado, o desenvolvemento de proxectos na aula/centro integrados na programación e enmarcados no currículo de Galicia, a presentación e difusión destes e unha investigación da USC que inclúe a avaliación das competencias do alumnado.

Que é o modelo SEM?
O modelo SEM é un plan organizativo de enriquecemento e intervención educativa que lle permite a todo o alumnado mellorar as súas experiencias de aprendizaxe e aumentar o seu rendemento, desenvolvendo ao máximo as súas potencialidades. Este enriquecemento, pensado para todo o alumnado, acádase a través de altos niveis de compromiso e o uso de experiencias de aprendizaxe desaantes que se constrúen en torno aos intereses do alumnado, aos seus estilos de aprendizaxe e aos modos preferidos de expresión.

Cal é o obxectivo da Feira de Proxectos?
Os dezasete centros educativos participan na Feira de Proxectos da Cidade da Cultura exhibindo os resultados dos seus proxectos en diferentes formatos a todos os membros da comunidade educativa. Con isto preténdese dar visibilidade aos traballos realizados e dar aos rapaces a oportunidade de converterse non só nos protagonistas, senón tamén, nos auténticos expertos, expoñendo eles mesmos os produtos dos seus proxectos. Deste xeito, ao levar fóra das aulas o traballado, culmina o modelo SEM na súa fase III.
 
Exposición de los proyectos por parte del alumnado de los centros "Piteas".

Programa
 
16:30 a 17:00 h
QUENDA 1: 

CEIP Ben Cho Sey (Pereiro de Aguiar, Ourense): Una vuelta pirata por el mundo de la ciencia.
CPI de Atios (Valdoviño, A Coruña): First lego league: mission moon - Kit astro plant. Into orbit.
IES Xunqueira II (Pontevedra): Ponte N’época.
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas, A Coruña): Auga da billa vs auga de plástico.

17:15 a 17:45 h
QUENDA 2:

CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene, A Coruña): O slime dos casais.
CPR Grande Obra de Atocha (A Coruña): Me han dicho que vacunarse es malo. ¿Tú qué opinas?
CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia (Narón, A Coruña): Scape room emergencias.
CPR Inmaculada (Santiago de Compostela): A contaminación

18:00 a 18:30 h
QUENDA 3:

CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense): Fonte de vida.
CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis, Pontevedra): O museo sae do armario
CEE de Panxón (Nigrán, Pontevedra): Dende Panxón ao ceo
CEIP Carballal (Marín, Pontevedra): Marín, de todo un chisquín

18:45 a 19:45 h
QUENDA 4:

CEIP Isaac Peral (Ferrol): Flotar o no flotar. Los submarinos
CPR Eduardo Pondal (Cangas, Pontevedra): Sopa de letras
IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo): Fonsixgrada
CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela): O patio que queremos II

20:00h Clausura de la feria


PARTICIPANTES + INFORMACIÓN (PROGRAMA 2019)