Non ás drogas

Inicio / Acción Social / Prevención / Non ás drogas

Non ás drogas

Prevención do consumo de drogas

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), as charlas Non ás Drogas para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias.
 
Non ás Drogas está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados da provincia de Lugo.
 
As charlas son impartidas por internos do Centro Penitenciario de Monterroso, os cales relatan en primeira persoa a súa experiencia na cadea así como as perdas persoais, familiares, laborais e de saúde derivadas do consumo de drogas. Trátase dunha sesión dinámica, e aberta á participación do alumnado e os docentes a través das súas preguntas e dúbidas.
 
Por mor das especiais características desta actividade, as charlas ofrécense a un número limitado de centros educativos. Aqueles centros interesados en participar en Non ás Drogas para o curso académico 2019-2020 deberán realizar unha pre-inscrición. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penitenciario.
 
Máis de 970 estudantes e 89 profesores participaron en Non ás Drogas desde a súa posta en marcha no ano 2013.
 

  • Datas de celebración das charlas: desde outubro 2019 ata abril 2020, ambos incluídos.
  • Actividade de balde. Prazas limitadas.
  • Pre-inscrición: grupos escolares (mínimo 20, máximo 60 participantes), solicitado polo centro educativo. Desde o 18 de setembro de 2019 ata o 17 de xaneiro de 2020.


Formulario de Inscripción

CONTIDOS RELACIONADOS