Menos é máis

Inicio / Acción Social / Prevención / Menos é máis

Menos é máis

Prevención do consumo de drogas

A Fundación Barrié organiza, en colaboración con Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo), as charlas Menos é Máis para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias.

Menos é Máis está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados de Lugo.
 
As charlas son impartidas por internos do Centro Penitenciario de Bonxe, quen relata en primeira persoa as circunstancias que lles levaron á comisión do delito e a súa experiencia persoal nun centro penitenciario.

Máis de 650 estudantes e 40 profesores de Galicia participaron en Menos é Máis desde a súa posta en marcha no ano 2017.

CONTIDOS RELACIONADOS