Inicio / Patrimonio e Cultura / Colección de Arte
LIÑA ESTRATÉXICA

Colección de Arte

A colección de pintura tradicional, que pretendeu documentar o labor de pintores nados en Galicia ou vencellados a ela pola súa obra así como impulsar a artistas galegos emerxentes a través da adquisición de obra e da concesión de bolsas para ampliación de estudos artísticos no estranxeiro, e a colección de arte contemporánea internacional creada co motivo condutor de responder á pregunta De que falamos cando falamos de pintura hoxe?, son dúas caras complementarias do noso propósito de achegarmos as artes plásticas a toda a sociedade.