Pictoeduca

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Pictoeduca

Pictoeduca

Programa de axuda para educadores e pais de persoas con necesidades educativas especiais

Pictoeduca é un portal universal e gratuíto en Internet, onde educadores e pais de persoas con necesidades educativas especiais poidan tanto descargar como subir contidos (leccións) de diferentes disciplinas, utilizando para iso os recursos didácticos que ofrece o portal, adaptándoos ás necesidades, inquedanzas, ritmos e estilos de aprendizaxe de cada persoa.
 
O obxectivo do portal é, por unha banda, facilitar un proceso de aprendizaxe adaptado aos cánons da diversidade educativa e, por outra, chegar a constituír unha comunidade de educadores onde se compartan experiencias e coñecemento. As leccións poden estar compostas por diversos elementos como texto, imaxes, vídeo, pictogramas, documentos, preguntas ou un quiz.
 
Pictoeduca diríxese a nenos e nenas con discapacidade de tipo físico, psíquico, cognitivo ou sensorial, así como a nenos e nenas que proceden doutros países ou que se incorporan tarde ao sistema educativo e presta unha especial atención a persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD...) traducindo a pictogramas as leccións e os vídeos.
 
Está accesible en https://www.pictoeduca.com/, así como nas App iOs  iOS: https://goo.gl/w2gSuk e Android https://goo.gl/w2HhRM


IR A PICTOEDUCA

VIDEO

Pictoeduca

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS