Fondo de Ciencia

Inicio / Ciencia / Apoio á investigación científica / Fondo de Ciencia

Fondo de Ciencia

O Fondo de Ciencia foi creado en 2011 co triplo obxectivo de promover a investigación de excelencia, a transferencia dos resultados científicos e tecnolóxicos xerados no sistema de investigación á sociedade, e abrir a ciencia e a I+D pública ao investimento privado, para o cal apoia a xeración de oportunidades de investimento baseados en desenvolvementos científicos e tecnolóxicos.

O Fondo de Ciencia da Fundación financiou cinco proxectos de investigación, cun total de dous millóns e medio de euros investidos.

Os proxectos actualmente en desenvolvemento lévanse a cabo en colaboración coa Universidade da Coruña -coa que se creou a spin-off Torusware-, a Fundación Ramón Domínguez -coa que se creou a spin-off Nasasbiotech-, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia-Gradiant de Vigo.


Torusware


Nasasbiotech


Scape


Quorum Quenching