Colección de pintura Francisco Llorens

Inicio / Patrimonio e Cultura / Colección de Arte / Colección de pintura Francisco Llorens

Colección de pintura Francisco Llorens

A colección de obras pictóricas de Francisco Lloréns consta de 59 obras, legado que Eva Lloréns, filla maior do pintor, doou á Fundación en 1988. Todas as pinturas ao óleo do devandito legado foron restauradas pola Fundación. Unha coidada escolma das obras (retratos, paisaxes, naturezas mortas e interiores) pertencentes a esta colección pódese contemplar na exposición permanente Francisco Lloréns que se mostra na sede da Fundación da Coruña.
 
Francisco Lloréns (A Coruña 1874-Madrid 1948), profesor, pintor e debuxante, está considerado como o primeiro paisaxista galego da Historia da Arte. Formado na Coruña e Madrid, alumno da Escola de Belas Artes de San Fernando e discípulo de Sorolla, pensionado da Academia Española de Roma e viaxeiro por Europa, Lloréns atopou en Galicia o medio natural ideal para expresarse artisticamente. Relacionado coa intelectualidade galega e figura senlleira do Rexurdimento, reflectiu na súa obra das pradarías ás rías, das costas mariñas aos interiores boscosos e das rúas e monumentos das súas cidades históricas ás casas tradicionais e os xardíns dos pazos das bisbarras máis fermosas.
 
De poderosa personalidade creativa, forma parte das xeracións afectadas pola crise do 98, que contribuíron ao formidable esforzo impulsor de España pola vía da renovación en todos os sentidos. A súa formulación estética, vencellada a un espírito realista en principio e dirixida ao impresionismo máis tarde, acadou a súa dimensión orixinal e distintiva dentro da corrente postimpresionista, da cal extraeu os elementos que conformaron a caracterización definitiva da súa extraordinaria produción pictórica, ampla e multiforme.

GALERÍA DE IMAXES

  • Apuntamento dunha rúa de Bruxas, 1903

    Fundación Barrié

  • Apuntamento dunha praza de Bruxas, 1903

    Fundación Barrié

  • O Muíño, 1904

    Fundación Barrié

  • Capela de Saint Michel. Capri, 1905

    Fundación Barrié

  • Porto da Coruña: peirao de Santa Lucía, 1910

    Fundación Barrié

  • O pino de Montrove, 1915/26

    Fundación Barrié

  • O castiñeiro, 1917

    Fundación Barrié

  • A casa do artista. Interior, 1919

    Fundación Barrié

  • Igrexa de Santa María de Betanzos. Interior, 1918

    Fundación Barrié

  • Bodegón, flores e froitas, 1922

    Fundación Barrié

  • O xardín do Pazo de Lóngora, 1924

    Fundación Barrié

  • A do gorro encarnado, 1924

    Fundación Barrié

  • Retrato de Eva aos tres anos, 1924

    Fundación Barrié

  • O piñeiral vermello, 1929

    Fundación Barrié

  • Retrato de Eva, 1933/35

    Fundación Barrié

  • Estudo de cabeza para o retrato de Basilio Álvarez, 1934

    Fundación Barrié

  • A vela vermella, 1945

    Fundación Barrié