Inicio / Sala de prensa / KTORCE-18: "Obradoiros 2017-18" - IES Xograr Afonso Gómez-IES Perdouro

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estes obradoiros organízanse no marco do Programa KTORCE-18, co obxectivo de achegar a Lei do Menor aos adolescentes

16-01-2018

  • KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 28.001 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
  • As dúas charlas diríxense a escolares de 3º e 4º da ESO e FPB, e teñen un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.
  • O obradoiro no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) celebrarase mércores 17 de xaneiro ás 12.50 h.
  • O obradoiro no IES Perdouro (Burela) celebrarase xoves 18 de xaneiro ás 12.20 horas.
  • A inscrición para este curso está aberta, polo que os centros educativos interesados están a tempo de solicitaren un obradoiro para o curso 2017-2018.
  • O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, en http://www.fundacionbarrie.org/material-profesionales-familias (redes sociais, acoso escolar, maltrato familiar, consentemento).

Momento dun dos obradoiros Ktorce-18
© Fundación Barrié

A Coruña, 15 de xaneiro 2018.- KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 28.001 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.

Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas dirixidas a alumnado de entre 2º e 4º da ESO, que teñen un obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.

  • O obradoiro no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) celebrarase mércores 17 de xaneiro ás 12.50 h.
  • O obradoiro no IES Perdouro (Burela) celebrarase xoves 18 de xaneiro ás 12.20 h.
     
SOLICITUDE DOS OBRADOIROS

Os centros educativos interesados nestes obradoiros poden solicitalos directamente a través das webs das entidades organizadoras: www.fbarrie.org e https://www.arela.org, así como no teléfono 986 212 537.
 
MATERIAIS DIDÁCTICOS

O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, en http://www.fundacionbarrie.org/material-profesionales-familias.

Esta documentación trata os temas a seguir:
  • Redes sociais
  • Acoso escolar
  • Maltrato familiar
  • Consentimento
     
Máis información en:
http://www.fundacionbarrie.org/Ktorce-18
https://www.arela.org/ktorce18-programa-de-prevencion-de-condutas-infractoras.html

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes