BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "O Greco, paradigma do xenio"

O GRECO. Pentecostés, detalle

Museo Nacional del Prado

Xoves 23 de Novembro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Leticia Ruiz
Xefa de Departamento de Pintura Española do Renacemento e Primeiro Naturalismo, Museo do Prado
Título: O Greco, paradigma do xenio

Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Hai máis dun século e medio que a figura do Greco se alzou no universo imaxinario dos artistas do romanticismo francés como o perfecto paradigma do creador incomprendido e marxinal, un xenio independente que non se someteu ás esixencias que ditaban as convencións da época na que lle tocou vivir. A biografía do Greco, ou mellor, as lendas que daquela se tiñan sobre a súa vida, adaptábase ao ideal do mito romántico, ao artista único cuxa pintura se percibía como unha sucesión de deformacións apaixonadas e disonancias cromáticas e, sobre todo, como unha alteración premeditada dos valores clásicos da arte. Entre 1880 e 1920 a súa figura alzouse como referencia válida para a maioría das vangardas artísticas que encontraron no artista convincentes motivos para telo como paradigma da liberdade e da subxectividade, un visionario capaz de adiantarse en tres séculos ao devir da arte occidental.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  MUSEO DO PRADO  ,  XENIOS  ,  O GRECO  ,  LETICIA RUIZ

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •