BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Último Rafael: arquitecturas e pinturas"

RAFAEL ROMANO, GIULIO. Sagrada Familia do carballo, detalle

Museo Nacional del Prado

Xoves 22 de Febreiro de 2018

20:00

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago

Ata completar aforo

Aberto ao público

Fernando Marías
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Autónoma de Madrid
Título: Último Rafael: arquitecturas e pinturas

Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

O estudo do “último Rafael” (1483-1520), os derradeiros sete anos da súa actividade artística, supón unha visión en certo sentido teleolóxica da historia da arte; estariamos marcando un momento inicial para un período que só se pecharía por azar por mor dunha morte prematura aos 33 anos de idade. A posteriori adoitamos facer coincidir estes anos cos do pontificado de León X de Medici (1513-1521) e a inxente carga que o papa colocou sobre os seus ombreiros como arquitecto de San Pedro, como anticuario da cidade romana, como pintor dos últimos apartamentos do Vaticano e para diferentes membros do círculo papal e como deseñador dos tapices sixtinos. Se é difícil quizais sinalar diferenzas a respecto da súa obra romana previa, ao servizo de Xulio II, a súa actividade na segunda década do cinquecento estaría marcada pola súa orixinal unión das artes do disegno e a súa reflexión teórica, que fixeron de Rafael a estrela plural e complexa, moderna, teatral e dramática, cuxo culto academicista non conseguiu aínda eclipsar.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  MUSEO DO PRADO  ,  XENIOS  ,  RAFAEL  ,  FERNANDO MARÍAS

PRÓXIMOS EVENTOS