BUSCAR
Conferencia "O Tesouro do Delfín"
OBRADOIRO DOS SARACHI . Vaso en forma de dragón ou ''caquesseitão'', h. 1626 Obradoiro dos Sarachi (?) (detalle)
Museo Nacional do Prado
Xoves 22 de Decembro de 2016
20:00
Sede Vigo
Aforo limitado
Aberto ao público
Letizia Arbeteta
Corpo Facultativo de Museos
Título: O Tesouro do Delfín
Resumo: O coñecido como "Tesouro do Delfín" foi recibido en herdanza polo primeiro rei Borbón de España, Felipe V, tras a morte en 1711 de seu pai Luís, gran delfín de Francia. Consiste nun grupo de vasos ricos, realizados con diferentes tipos de xemas e guarnecidos case todos con monturas de ouro e pedras. Luís XIV, no seu desexo de sobrepasar en esplendor ao resto de soberanos europeos, reuniu unha colección que se puidese parangonar coas históricas das grandes dinastías, de xeito especial a dos Habsburgos en Viena. En paralelo, seu fillo Luís creaba outra competindo e incluso superando a do pai, parte da cal se trasladou a España, onde constitúen un dos grandes tesouros de Europa. Os vasos en si mesmos transcenden a súa aparencia pois, ademais de ter sido creados para grandes persoeiros polos máis importantes obradoiros e prateiros do momento, son exercicios de enxeño que conteñen enigmas, reflicten ideas políticas, relixiosas ou filosóficas, incluíndo exemplos de arte interactiva.
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-