Fundación Amigos do Museo do Prado

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado

O MUSEO DO PRADO. FITOS HISTÓRICOS DAS SÚAS COLECCIÓNS

Ciclo de conferencias 2016-2017 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado

A Fundación Barrié no seu 50 aniversario inaugura unha nova edición do ciclo de conferencias que se celebra cada ano, desde 1999, en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado, e na súa proposta para 2016-2017 conta coa colaboración dos mellores especialistas para profundar na configuración das coleccións do Museo do Prado ao longo da súa historia, cuxa singularidade universalmente recoñecida vén dada pola súa orixe: as coleccións particulares dos reis de España entre os séculos XV e XIX.

Exemplo para as coleccións doutras moitas cortes europeas dunha época, a súa transformación en institución pública seguiu basicamente o suco orixinal na ulterior ampliación dos seus tesouros artísticos, afastándose do padrón da visión enciclopédica da historia da arte que presentan outras institucións. Por iso, e fronte a elas, a colección do Museo do Prado, -coas vantaxes e inconvenientes desta singularidade- refulxe co toque do excepcional, que se determina polos seus marabillosos excesos e as súas clamorosas ausencias.

As conferencias son de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio e celebraranse os xoves 3, 10 e 17 de novembro ás 20.00 horas na sede da Fundación na Coruña. O ciclo trasladarase en decembro á sede da Fundación en Vigo, e celebrarase os xoves 1, 15 e 22, e concluirá no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en febreiro de 2017.


PROGRAMA

A CORUÑA (2016)

3 novembro: A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso, por Francisco Calvo Serraller, Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid

10 novembro: A oración no horto. Colart de Laon, por Pilar Silva, Xefa de Departamento de Pintura Española (1100-1500) e Pintura Flamenca e Escolas do Norte (1400-1600)

17 novembro:  Agasallar pinturas. Da Colección Real ao Museo do Prado, por Miguel Falomir, Director adxunto de Conservación e investigación, Museo do Prado

VIGO (2016)

1 decembro:  Voo das meigas e A Marquesa de Santa Cruz. Francisco de Goya, Manuela Mena, Xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado

15 decembro: Do gabinete ao Campus: as transformacións da sede do Museo do Prado, por Luis Fernández Galiano, Catedrático de Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid

22 decembro:  O Tesouro do Delfín, por Letizia Arbeteta, Corpo Facultativo de Museos

SANTIAGO DE COMPOSTELA (2017)

16 febreiro: A épica da derrota: Velázquez, Goya, Picasso, por Francisco Calvo Serraller, Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid

23 febreiro: A Condesa de Chinchón. Francisco de Goya, por Xavier Bray, Arturo and Holly Melosi Chief Curator, Dulwich Picture Gallery, Londres


Nota de prensa


Políptico informativo


Conferenciantes


Calvo Serraller


Pilar Silva


Miguel Falomir


Manuela Mena


Luis Fernández Galiano


Letizia Arbeteta


Calvo Serraller Compostela


Xavier Bray

CONTIDOS RELACIONADOS