Inicio / Sala de prensa / Nota de prensa Máis Social Conecta 2

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié e Edisa melloran o posicionamento online de 24 entidades sociais galegas a través da iniciativa “Máis Social Conecta 2”

01-04-2016

  • Máis Social Conecta xorde no ano 2013 no marco do Programa Máis Social da Fundación Barrié, nun contexto no cal moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achegan as informacións que demandan os seus usuarios.
  • Máis Social Conecta implántase co apoio da empresa EDISA, a cal desenvolveu un prototipo web que axuda a mellorar a visibilidade e, con iso, as posibilidades de captación de fondos das entidades do Terceiro Sector.
  • Grazas a Máis Social Conecta, a día de hoxe, 24 entidades sociais galegas contan cunha web que agora entra nunha segunda fase de desenvolvemento con Máis Social Conecta 2.
  • Máis Social Conecta 2 consiste nun plan de acción a dous anos que, a través dunha serie de ferramentas de planificación e xestión adaptadas ao Terceiro Sector Social permitirán a estas webs converterse en ferramentas de comunicación capaces de acadaren un impacto real.
  • Con esta iniciativa, a Fundación Barrié, que fai 50 anos de vida, reafirma o seu profundo compromiso co Terceiro Sector Social en Galicia, apoiado desde as súas orixes cun investimento total de 43 millóns de euros. 

Rolda de prensa Máis Social Conecta con José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Carlos Suárez, director de Edisa e Carmen Avendaño, presidenta de Érguete
© Fundación Barrié

Vigo, 1 de abril de 2016.-   Vinte e catro entidades sociais galegas que participan no Programa Máis Social da Fundación Barrié, estrearon nova web institucional entre 2013-2015 grazas a Máis Social Conecta, un prototipo de páxina web que axuda a mellorar a visibilidade e, con iso, as posibilidades de captación de fondos das entidades do Terceiro Sector.
 
José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Carlos Suárez, director xerente de Edisa, presentaron esta mañá na sede da Fundación en Vigo, a segunda parte desta iniciativa Máis Social Conecta 2, que poñerá a disposición das 24 entidades que xa dispoñen dunha páxina web vinculada a Máis Social, un conxunto de ferramentas de mellora e actualización. Foron acompañados por Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete que falou en nome de todas as entidades sociais participantes neste proxecto.
En palabras de José María Arias Mosquera, “a mellora continua da web Máis Social Conecta é tanto para Edisa como para a nosa Fundación un compromiso firme a futuro; non só se  implementan as webs nas entidades, senón que tamén traballamos para que a súa mellora sexa continua, acorde cos tempos e cos hábitos dos usuarios. Mostra diso son as novas ferramentas englobadas no que denominamos Máis Social Coneta 2 que se poñen a disposición das 24 entidades que xa dispoñen de web Máis Social”.

Ferramentas que compoñen Máis Social Conecta 2:

  • Plan de Acción para converter a web nun instrumento de comunicación potente e capaz de xerar cambios e un impacto social real en cada entidade. 
  • Conecta Responsive para adaptar as 24 páxinas web a tamaño de pantalla de calquera teléfono intelixente ou tableta. 
  • Un piloto de Boas Prácticas en SEO, Analítica Web e Contidos que, unha vez testado, se levará ás 23 webs restantes e que permitirá non só poder elaborar contidos relevantes e de calidade, senón tamén mellorar o seu posicionamento e optimización nos buscadores de Internet.
  • Titorial de CONECTA que explica como se xestionan os contidos de calquera web implementada con Máis Social Conecta. Este foi elaborado por Ana Mª Pascual da Fundación Érguete.
 


En palabras de José María Arias:

“a mellora continua da web Máis Social Conecta é tanto para Edisa como para a nosa Fundación un compromiso firme a futuro; non só se  implementan as webs nas entidades, senón que tamén traballamos para que a súa mellora sexa continua, acorde cos tempos e cos hábitos dos usuarios. Mostra diso son as novas ferramentas englobadas no que denominamos Máis Social Conecta 2 que se poñen a disposición das 24 entidades que xa dispoñen de web Máis Social”. 

Máis Social Conecta
 
Xorde no ano 2013 nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios…) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo. Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) foi a primeira entidade para a que se adaptou o prototipo do que se beneficiaron tamén estoutras entidades sociais galegas.
Trátase dunha solución web destinada a cubrir a parte institucional, de comunicación e rendición de contas á que está supeditada calquera entidade do terceiro sector e a servir de ferramenta eficaz para a captación de base social (socios, doantes, colaboradores, etc.).
Máis Social Conecta responde ás necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia de cara á sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e base social.
Características de Máis Social Conecta: Software libre/ Accesible / Configurable / Doado / Multi-dispositivo / Multi-media / Multi-idioma.    
Máis Social Conecta implántase co apoio da empresa EDISA, que desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso. 
 
Máis Social Conecta 2 

Esta iniciativa é un complemento a Máis Social Conecta, desenvolvido a raíz de observar que as páxinas web das entidades do Terceiro Sector amosan certas debilidades e/ou oportunidades, a nivel de contidos, para acadar un impacto real na sociedade. De nada serve ter presenza en Internet se non impactamos no noso público potencial.
Para iso, pon a disposición das entidades ferramentas de planificación e xestión adaptadas ao Terceiro Sector que lles permite deseñar, executar e avaliar un Plan de Acción Web a dous anos personalizado que permitirá ás webs das asociacións e Fundacións de acción social converterse en ferramentas de comunicación capaces de acadar un impacto social real.
 
Programa Máis Social para o fortalecemento do Terceiro Sector  

A aplicación Máis Social Conecta é un dos instrumentos que compoñen o Programa Máis Social, un programa promovido pola Fundación Barrié que conta, na actualidade, con outros socios como Edisa e a Fundación Roviralta, e que se orienta ao fortalecemento da xestión no terceiro sector.
Máis Social  diríxese ás entidades do Terceiro Sector e pretende promover un modelo de acción social economicamente sostible, que facilite a estas organizacións medios e estratexias para optimizaren a súa xestión -de forma prioritaria a súa captación de fondos- e orientalas cara ao futuro cun crecemento estable e sostible. Iniciado no 2011 Máis Social converteuse xa nun modelo de referencia en canto ao apoio a estas entidades sociais medianas e pequenas, cun rol fundamental na atención aos colectivos máis vulnerables.
 
 

PÁXINAS WEB MÁIS SOCIAL CONECTA 2013-2015  
     
COLECTIVO ENTIDADE WEB
Enfermidades raras e/ou crónicas FEGEREC http://www.fegerec.es
PARKINSON GALICIA-CORUÑA http://parkinsongaliciacoruna.org
Parálise cerebral e afíns APAMP http://apamp.org
ASPACE CORUÑA http://www.aspacecoruna.org
AMENCER - ASPACE http://amencer-aspace.org
Dano cerebral adquirido ALENTO http://www.alento.org
ADACECO http://www.adaceco.org
Trastornos do espectro autista APACAF http://www.apacaf.org
ASPERGA http://asperga.org
Discapacidade intelectual ASPANAEX http://aspanaex.org
ASPANAS http://www.aspanas.es
CENTRO JUAN MARÍA http://www.centrojuanmaria.org
ASPAS http://www.asociacionaspas.org
DOWN VIGO http://www.downvigo.org
Saúde mental A.B.A.C. http://abacoruna.com
DOA http://www.asodoa.org
Exclusión | Inclusión social ECOS DO SUR http://www.ecosdosur.org
FEGABAN http://fegaban.es
DIGNIDAD - GALICIA http://www.dignidadgalicia.org
A.P.E.S. http://www.apesasociacion.org
COMITÉ CIDADÁN ANTISIDA DE OURENSE http://www.antisidaou.org
FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN http://www.fundacionerguete.org
Desenrolo comunitario CDR "O VISO" http://cdroviso.org
PLAN COMUNITARIO DE TEIS http://www.planteis.org
 
 

RECURSOS DISPONIBLES

Videos