BUSCAR
Exposición: "Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum" - Inauguración
Xoves 28 de Febreiro de 2019
20:00
INAUGURACIÓN
Sede A Coruña
Aforo limitado
Aberto ao público
Rembrandt van Rijn, Peter Paul Rubens, Sir Anthony van Dyck e Brueghel o Vello son algúns dos nomes que forman parte da exposición “Trazos mestres: debuxos holandeses e flamencos do Victoria and Albert Museum” e que a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña a partir do 1 de marzo. A mostra, comisariada por Louise Cooling, anterior comisaria adxunta do V&A, está composta por 90 obras dos séculos XVI ata o XIX pertencentes á colección de debuxos holandeses e flamencos da Idade de Ouro do Victoria and Albert Museum, unha das máis destacadas e extensas de Gran Bretaña. Tras a súa presentación en Londres e o seu paso polos Estados Unidos, a presentación na Fundación Barrié é a primeira en Europa, fóra do museo británico.
Con esta exposición, que coincide coa conmemoración do 350 aniversario do pasamento de Rembrandt e do 450 aniversario do pasamento de Pieter Brueghel o Vello en 2019, a Fundación Barrié continúa achegando a Galicia obras de grandes mestres da arte nacional e internacional.
Durante o transcurso da exposición, a Fundación Barrié organizará unha serie de actividades complementarias, entre elas obradoiros didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.
ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN , DEBUXOS , ARTE HOLANDESA , ARTE FLAMENCA , REMBRANDT VAN RIJN , PETER PAUL RUBENS , SIR ANTHONY VAN DYCK , BRUEGHEL O VELLO
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-