BUSCAR
Concerto “As mulleres na música galega. Milagros Porta Siso”
Sábado 15 de Decembro de 2018
18:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Concerto dedicado á pianista, compositora e directora de orquestra e coros Mili Porta, co gallo do centenario do seu nacemento, organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro coa colaboración da Fundación Barrié, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e MusicArte.
Apuntamentos biográficos sobre Milagros Porta
Milagros Porta aproba a carreira de piano no Conservatorio de Madrid con catorce anos. Aos dezaseis, dirixe a Orquestra de Profesores da Coruña para a representación da zarzuela La fama del tartanero, coa Agrupación Ofelia Nieto, da cal formará parte como pianista e directora.
Obtén a praza de Profesora Especial de Música e Declamación no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e con posterioridade a Cátedra de Solfeo.
Directora da coral Alalá de Veiga, Anaquiños da Terra do Centro Gallego de Madrid, do Grupo de Ópera de Madrid e do coro de voces brancas Iria Flavia, creado por ela, co que dá a coñecer as cantigas de Martin Codax e Alfonso X o Sabio.
Concedéronlle a Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio.
Anos despois do seu pasamento en 1971, estrearase a súa zarzuela A represa e o río con letra de Antón de Santiago (Nito) no Teatro Colón da Coruña e na Praza da Quintana de Compostela.
Entrada de balde ata completar o aforo.
PROGRAMA
Coral Polifónica El Eco
Os teus Ollos ...... J. Castro Chané
Pandeirada de Vilariño....Popular
Grupo Vocal EntrElas e solistas
Tríptico ................... Mili Porta
Padrón .................... Mili Porta
Lonxe da terriña ...... Mili Porta
O Maio ..................... Mili Porta
Vén o día .................. Mili Porta
Nai ............ Ana María Navarrete
Solistas: Ana Belén Manteiga, Irene Añón e Ileana Delgado
ETIQUETADO EN: CONCERTO , MÚSICA GALEGA , COROS , MILAGROS PORTA SISO
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-