BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Networking para Xornalistas III Edición: "Storytelling no Terceiro Sector"

Martes 01 de Outubro de 2019

10:00-14:30

Sede A Coruña

Aforo limitado

Pechado o prazo de inscrición.


A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñen en marcha a terceira edición do Networking para xornalistas baixo o título "Storytelling no Terceiro Sector".
 
A inclusión de historias da vida, relatos cotiáns ou otro tipo de narrativas desvelouse como unha eficaz ferramenta para incluír información das entidades sociais na axenda dos medios. “Contar unha historia”, o día a día das entidades sociais ou dos seus usuarios, permite que os medios poidan transmitila á sociedade, achegando a problemática á cidadanía de xeito claro e sinxelo.
 
Os participantes traballarán en grupos mixtos coordinados por membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, profesionais cunha ampla experiencia no eido da comunicación. 
 
O Networking incluirá a intervención das entidades sociais participantes na emisión en directo do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser que terá lugar no Auditorio da Fundación Barrié ás 12.30 h., co gallo do Día Europeo de Fundacións e Doantes.

  • 20 prazas para ONL (máximo un asistente por entidade).
  • 20 prazas para xornalistas.

PROGRAMA

NETWORKING

10.00 h.  Recepción de asistentes e control de sinaturas.  (1ª planta)

10.15 h.  Mesa de experiencia. Distribución en grupos de traballo.

10.30 h.  Debate en grupos.

12.00 h.  Pausa – café.

PROGRAMA “HOY POR HOY”

12.30 h. - 13.30 h  Intervención de todas ou unha selección das entidades sociais no programa en directo Hoy por Hoy da Cadena Ser.  (Auditorio)

NETWORKING

13.30 h.  Posta en común do tratado en cada grupo. 
(1ª planta)

14.30 h. Remate.



ETIQUETADO EN: NETWORKING  ,  XORNALISMO  ,  HISTORIAS  ,  INFORMACIÓN

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •