Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "Goya: a fuxida do fantasmagórico"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Goya: a fuxida do fantasmagórico"

Francisco de Goya y Lucientes. Maneira de voar

Museo Nacional del Prado

Xoves 22 de Novembro de 2018

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Manuela Mena

Xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado
Título: Goya: a fuxida do fantasmagórico
 
Ciclo de conferencias: A arte fantástica 2018-2019 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Goya converteuse ao longo dos anos e desde a segunda metade do século XIX, cando comezou a súa difusión internacional, nun comodín que serviu para valorar desde movementos artísticos e artistas contemporáneos, ata movementos políticos, moitas veces contrapostos. Non escapa á definición de Goya a estimación da súa pintura como impresionista e ao mesmo tempo expresionista, como realista e “goyesca” -esta no peor que implica o termo de costumbrista barato, nacionalista e tradicional- ou “negra”, por crer como súa a brutalidade e violencia das súas escenas, ou o protagonismo das meigas, que o situou no mundo do fantástico e incluso do fantasmagórico. Unha análise desapaixonada e rigorosamente histórico-artística da súa arte, en todas as súas manifestacións, non leva a situalo en ningunha das etiquetas impostas. Nunha carta ao seu amigo Zapater, de 1789, Goya revela o seu racionalismo e a súa adecuación ao espírito do seu tempo: “Non temo meigas, trasnos, pantasmas, afoutos xigantes, algareiros, xente ruín etcétera, nin ningunha clase de corpos temo senón os humanos…”.  O seu uso do fantasmal, o fantasmagórico e o irracional estivo sempre encamiñado a satirizar a ignorancia e a violencia dos seus semellantes e a profundar no “soño da Razón”.






PRÓXIMOS EVENTOS