Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "A fantasía bosquiana, a realidade outonal dunha época crepuscular"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "A fantasía bosquiana, a realidade outonal dunha época crepuscular"

El Bosco Las tentaciones de San Antonio Abad (detalle)

Museo Nacional del Prado

Xoves 25 de Outubro de 2018

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Isidro Bango
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Autónoma de Madrid
Título: A fantasía bosquiana, a realidade outonal dunha época crepuscular

Ciclo de conferencias: A arte fantástica 2018-2019 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Jheronimus van Aken (h.1450 - 1516), coñecido universalmente pola sinatura que empregaba nas súas obras, Jheronimus Bosch, e en concreto en España polo alcume Bosco, é un dos artistas máis célebres da historia da pintura. Da súa enorme popularidade na nosa sociedade, falan por si propias as multitudes que acudiron ás magnas exposicións celebradas recentemente para conmemorar o quinto aniversario do seu pasamento.
Curiosamente a súa arte como pintor só é valorado por unha escasa minoría de especialistas. Este aprecio minoritario apenas se detecta entre o gran público. As súas dotes pictóricas foron eclipsadas polo contido e mensaxe das súas imaxes. Se se me permite a ironía, xa só por isto diriamos que estamos ante un pintor "modernísimo". Imaxino o noso bo Xerónimo ledo polo éxito da súa obra, mais absolutamente aflixido pola falta de recoñecemento do seu valor plástico: composición, perspectiva, cor, transparencias, etc.  
Sen dúbida o Bosco pertence a ese mundo das mentalidades que ilustraron os pintores flamencos, que o historiador neerlandés Johan Huizinga chamou o Outono da Idade Media. Outono dun período histórico que as xeracións anteriores consideraron erroneamente decadente. Porén a obra bosquiana recende unha profunda relixiosidade, propia dun espírito conservador. Nas súas pinturas figuran vellas fantasías, que para o noso home son reais, xunto ao lirismo que expresa un novo humanismo. Fantasías góticas e humanismo renacentista son posibles ao ser contempladas baixo a luz crepuscular dunha nova época.






ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  MUSEO DEL PRADO  ,  ISIDRO BANGO  ,  EL BOSCO

PRÓXIMOS EVENTOS