Liga Galicia Maker Drone

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Liga Galicia Maker Drone

A Fundación Barrié e a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia presentan a 1ª edición da LIGA MAKER DRONE, co fin de estimular o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria (3º de ESO) de Galicia.
Trátase da primeira competición de ámbito autonómico en España que presenta o reto de construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular.
A través dunha experiencia participativa e estimulante, a LIGA MAKER DRONE persegue os seguintes obxectivos:
A través dunha experiencia participativa e estimulante, a LIGA MAKER DRONE persegue os seguintes obxectivos: converter os estudantes en actores activos das aplicacións tecnolóxicas; concienciar o alumnado acerca da relevancia da tecnoloxía; contribuír na orientación profesional do alumnado da ESO; espallar o coñecemento tecnolóxico de xeito amigable e, en definitiva, contribuír á educación científico-técnica da sociedade.
 

Acceda á web da LIGA MAKER DRONE


 


Nota de prensa

CONTIDOS RELACIONADOS