Codéalo

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Codéalo

Codéalo

Proxecto didáctico

Codéalo é un proxecto destinado a achegar ao alumnado á programación e á robótica dun xeito práctico, doado e divertido.

Nunha sociedade baseada na tecnoloxía cómpre ir un paso máis alá na educación e formular un proxecto didáctico no que a programación sexa a protagonista. Detrás de cada obxecto tecnolóxico aparecen distintos elementos. Por unha banda, a mente creativa que pensa e programa -a do home-, e por outra o elemento artificial e que executa -o robot-. Ambas as partes se conectan a través dun elemento intermedio, a programación, que é o conxunto de ordes que o home transmite ao robot para conseguir distintos obxectivos. O coñecemento de distintas linguaxes de programación achéganos a entender como funcionan os dispositivos que nos arrodean hoxe en día.

O obxectivo principal do proxecto é axudar a mellorar os procesos de ensinanza e aprendizaxe de programación e robótica, xa que forman, cada vez máis, parte da nosa vida cotiá. Ademais se pretende que os alumnos se interesen pola tecnoloxía, aprendan a programar de maneira sinxela e intuitiva e que adquiran habilidades de traballo en equipo e resolución de problemas.

CONTIDOS RELACIONADOS