100 anos da guerra que cambiou a sociedade

Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / 100 anos da guerra que cambiou a sociedade

100 anos da guerra que cambiou a sociedade

Do 8 de outubro a 12 de decembro de 2015, sede A Coruña e Paraninfo da USC (Santiago de Compostela)

A Fundación Barrié programa un ciclo de conferencias e proxeccións documentais en Santiago e A Coruña, organizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, co gallo da conmemoración en 2014 do centenario do inicio da Primeira Guerra Mundial.
 
Especialistas internacionais achegan a súa ollada sobre a primeira gran conflagración que sacudiu á Europa do século XX desde as súas respectivas áreas de coñecemento: historia, cine, socioloxía e literatura. O ciclo, dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, estréase en Santiago (Paraninfo da Fac. de Xeografía e Historia) o 8 de outubro.
 
Programa

Santiago. Paraninfo da USC

  • 8 de outubro: A faciana do descoñecido: a violencia e a Primeira Guerra Mundial, por Joanna Bourke, profesora de Historia Birkbeck College, University of London.
  • 15 de outubro: Abonda con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 desde as ciencias sociais, por Fréderick Rousseau, profesor de Historia Contemporánea, Université Paul-Valéry Montpellier III
 
Sede Fundación Barrié A Coruña
 
  • 26 de novembro: O Cine, testemuña e intérprete da Gran Guerra, por Ángel Luis Hueso Montón, catedrático de Historia da Arte (Historia do Cine), USC
  • 12 de decembro: Niños de espías: a guerra encuberta das potencias belixerantes en España, por Eduardo González Calleja, profesor titular de Historia Contemporánea, Universidade Carlos III de Madrid.
 
PROXECCIÓNS.- Como complemento ás conferencias a Fundación proxecta no seu auditorio da Coruña tres producións documentais da BBC (V.O. subtituladas español). 25 novembro e 10 de decembro.

11.30h. Actividade para alumnos de ESO e Bacharelato.
 

Eu estaba aí: Entrevistas sobre a Gran Guerra (50 min).

Tempo de lembrar: Un mundo de muller (30 min).
 
19.00h Aberta ao público xeral.

CONTIDOS RELACIONADOS