BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


17-12-2021

  • O nomeamento de Francisco Martelo Villar foi aprobado hoxe por unanimidade na Xunta de Padroado, a proposta do presidente da Fundación Barrié, D. José María Arias Mosquera.
  • D. Francisco Martelo Villar é presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, unha institución coa que a Fundación Barrié mantén unha estreita colaboración desde hai cincuenta anos.
  • O novo vogal agradeceu a confianza depositada e destacou “o reto que supón axudar a sociedade civil desde unha fundación asentada na xenerosidade, na investigación científica e na axuda aos máis necesitados”.
  • En palabras do presidente da Fundación Barrié, D. José María Arias: “D. Francisco Martelo comparte co Padroado desta institución un decidido compromiso a prol do progreso da medicina en Galicia, polo que a súa experiencia e sensibilidade no mundo da saúde sen dúbida achegarán un gran valor no cumprimento da nosa misión”.
  • Na mesma reunión tamén se ratificou a continuidade do mandato de D. Carlos Lema Devesa e de D. Darío Villanueva Prieto por un período adicional de catro anos.

D. Francisco Martelo Villar

A Coruña, 17 de decembro de 2021.- A Xunta de Padroado da Fundación Barrié, na súa reunión de hoxe, venres 17 de decembro, nomeou por unanimidade a D. Francisco Martelo Villar, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, como novo vogal electivo do órgano directivo da institución.

O seu nomeamento realizouse, segundo sinalou José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, “tendo en conta a súa dilatada experiencia e o seu recoñecido prestixio no ámbito da saúde, así como o seu firme compromiso pola investigación e a contribución ao progreso da medicina”. Engade: “A vinculación da Fundación Barrié coa Real Academia de Medicina de Galicia remóntase ao ano 1972 e materializouse en numerosos proxectos e actividades, entre os que destaca o Premio da Fundación Barrié, dotado con 6.010 euros, que cada ano desde 1972 se concede ao mellor traballo presentado, de tema libre, en ciencias médicas de aplicación clínica e que, ata hoxe, foi entregado a, entre outros, o Dr. José Martín Carreira Villarmor (2020); José Manuel Fernández-Carrera Soler (2020); Francisco Gude Sampedro (2020); Ángela Vela-Anero (2017); Elena F. Burguera (2017); Rosa Meijide-Faílde (2017); Francisco J. Blanco (2017); Ángel Luis Fernández González (2016); Amparo Martínez Monzonís (2016); José Manuel Martínez Cereijo (2016); Laura Reija López (2016); Souhaila Souaf (2016); a Dra. María García Palacios (2014); Adolfo Bautista Casasnovas (2014); Roberto Méndez Gallart (2014); Pablo Rodríguez Barca (2014) e Elena Estévez Martínez (2014), por mencionar as edicións máis recentes”.

Afirma D. Francisco Martelo Villar: “Véñenme á mente as palabras de Santiago Ramón y Cajal de hai cento vinte anos, cando nos recorda o valor da perseveranza á hora de producir resultados científicos: ao igual que algúns astros só se ven tras longas horas de exposición nunha placa fotográfica, o coñecemento esixe unha atención continuada. Tamén a acción das fundacións debe ser así”.

Na mesma sesión tamén se ratificou a continuidade, por un período adicional de catro anos, do mandato de D. Carlos Lema Devesa e de D. Darío Villanueva Prieto.

Nota biográfica de D. Francisco Martelo Villar

Presidente da Real Academia de Medicina de Galicia desde o ano 2021. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Cirurxía Xeral e Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora pola Universidad Complutense de Madrid. Realiza a formación MIR no actual Hospital Gregorio Marañón de Madrid. Exerce como senior house officer (SHO) no St George’s Hospital de Londres. Posteriormente, cirurxián nos hospitais 12 de Octubre de Madrid e Virgen de la Arrixaca de Murcia, e finalmente xefe de servizo de Cirurxía Plástica e Queimados e director médico no Hospital Universitario da Coruña (CHUAC).

Presidente da Comisión Nacional de Cirugía Plástica. Medalla de ouro da Sociedad Española de Cirugía Plástica, Reparadora y Estética (SECPRE). Fundador e primeiro presidente da Sociedad Española de Quemaduras.

Autor de numerosos artigos en revistas nacionais e internacionais, e capítulos de libros sobre temas médicos.

Sobre o Padroado da Fundación Barrié

O Padroado da Fundación Barrié é o máximo órgano de goberno, administración e representación da Fundación. Componse de dez vogais electivos e tres vogais natos.

Presidente: Sr. D. José María Arias Mosquera
Vicepresidenta: Sra. D.ª Pilar Romero Vázquez-Gulías
Vogal secretario: Sr. D. Carlos Lema Devesa

Vogais
Sra. D.ª María Luisa Martínez Poch
Sra. D.ª Loreto Arias Mosquera
Sra. D.ª Pilar Arias Romero
Sr. D. Joaquín Arias Romero
Sr. D. Ángel Carracedo Álvarez
Sr. D. Darío Villanueva Prieto
Sr. D. Francisco Martelo Villar
Presidente do Tribunal Supremo
Presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas
Avogado xeral do Estado - Director do Servizo Xurídico do Estado