BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición: "Graciela Iturbide" - Organizada pola Fundación MAPFRE en colaboración coa Fundación Barrié

16. Nosa Señora das Iguanas, Juchitán, México, 1979 Xelatina de prata Coleccións Fundación MAPFRE

Graciela Iturbide, 2018

Xoves 25 de Outubro de 2018
Domingo 27 de Xaneiro de 2019
11:00-14:00 y 17:00-20:00
Dende martes ata domingo (festivos incluídos)

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 186 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
 
Con esta exposición, a Fundación Barrié prosegue a súa aposta pola contemporaneidade da fotografía, e continúa a súa liña de exposicións temporais dedicada a clásicos da fotografía, que permitiu amosar as imaxes de grandes fotógrafos como Paul Strand, Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams, Català-Roca ou do brasileiro Caio Reisewitz.

Datas: 24 de outubro de 2018 – 27 de xaneiro de 2019

Lugar: Fundación Barrié, Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña





ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  FOTOGRAFÍA  ,  GRACIELA ITURBIDE

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •