Castellano | Galego | English  
  Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié
 
         
  ACCIÓN SOCIAL    
         
 
Conferencia inaugural programa formativo Máis Social
Ourense 23 de abril. 19.30 h. Aberta ao público
Centro Cívico A Ponte R/ Eulogio Gómez Franqueira, 43
Reinventemos o sector asociativo das asociacións para mobilizarmos a cidade e os cidadáns: branding e marketing público. Polo profesor Toni Puig, profesor do Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de ESADE.
         
    Proxecto Convivimos
Actividades para educación infantil e primaria, de centros de toda Galicia, co obxectivo principal de fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Proposta educativa xurdida da colaboración coa Fundación Meniños.
         
 
     
  ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS
     
    DIÁLOGOS 03 Como mellorar a capacidade forestal en Galicia?
Sede A Coruña. 27 de abril. Aberto ao público
En resposta a unha petición do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a Asociación de Bolseiros organiza Diálogos 03, un debate interdisciplinar sobre a mellora forestal en Galicia, con expertos procedentes da industria, a Universidade, etc, e a colaboración de profesionais de The Boston Consulting Group. O obxectivo é presentar á Xunta de Galicia unhas conclusións documentadas cuxa implantación sexa viable e que faciliten a mellora forestal en Galicia.
Síguenos en: @BarrieBecarios / hashtag#dialogos03
 
     
 
   
  EXPOSICIÓNS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS
       
    O CANTAR DOS CANTARES
SEDE VIGO. Do 15 de maio ao 18 de agosto
Co gallo do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Fundación Barrié, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo coproducen unha exposición conmemorativa cunha coidada escolma de documentos, publicacións, fotografías, audiovisuais e obxectos artísticos.
       
    VERÁN CONTEMPORÁNEO
SEDE A CORUÑA. Do 28 de maio ao 8 de setembro
Completo programa de actividades didácticas arredor da Colección de Pintura Contemporánea da Fundación. Tomando como nó central a obra Hollow Places Fat / Hollow Places Thin, doada pola artista Jessica Stockholder tras a recente exposición monográfica presentada na súa sede viguesa, a Fundación propón un verán cunha manchea de actividades lúdicas enfocadas ao entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional dos últimos trinta anos.
       
    EDUCABARRIÉ
Actividades didácticas gratuítas
Visitas guiadas, campamentos, obradoiros para familias e escolares.
Reservas no 981 060 095 (A Coruña) e 986 110 220 (Vigo).
Dossieres didácticos en www.fundacionbarrie.org
       
 
       
  DIVULGACIÓN DA CIENCIA / EDUCABARRIÉ    
               
       
               
  EDUCABARRIÉ
XVII Día da Ciencia na rúa
Parque de Santa Margarida, A Coruña
4 de maio

Ven a te divertires e aprenderes no noso toldo coas actividades do XVII Día da Ciencia na Rúa promovido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. A investigación máis divertida da man de educaBarrié.
  EDUCABARRIÉ
Exposición: InvestigArte. A exposición dos científicos do hoxe e do mañá
Sede A Coruña
Inauguración 24 de abril
Descobre os mellores traballos do I Concurso InvestigArte 2012-2013 e achégate á ciencia dende a ollada artística dos investigadores e escolares galegos.
Reservas para grupos: 981 060 095
Reserva online
  EDUCABARRIÉ
Día do científico galego 2013

Actividades para conmemorarmos a figura do Padre Feijoo, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
Para familias: 23 de abril / Pazo de San Roque (Santiago). 27 de abril / Rúa do Paseo (Ourense)
Para centros educativos:
Sede Vigo, 5 de xuño
Sede A Coruña, 6 de xuño
  EDUCABARRIÉ
Semana do ADN
Domus / A Coruña

Do 22 ao 28 de abril
Actividades no laboratorio aberto da Domus para te achegares ao mundo da xenética. Co gallo do Día Mundial do ADN, o 25 de abril, e en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.
• Obradoiros de experimentación para familias e centros educativos.
• Noite na Domus (nenos de 11 a 13 anos):
venres 26 de abril
Información e reservas: 981 189 840
               
 
       
Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en
www.fundacionbarrie.org
       
Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí