| Castellano | | | Galego | | | English | ||||||||
![]() |
||||||||||||
| Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié | ||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||
| ACCIÓN SOCIAL / EDUCABARRIÉ | ||||
| Xornada “A Lei do Menor: retos de intervención” Programa K-torce 18, en colaboración coa Asociación Arela Sede Vigo, 14 de maio Inscrición previa en www.educabarrie.org Xornada dirixida a docentes e profesionais da intervención social, que analizará a evolución da aplicación da Lei do Menor dende a súa entrada en vigor no ano 2000 e tratará cuestións concretas como a intervención educativa con menores maltratadores, ou os perigos e delitos derivados dun mal emprego das redes sociais. Participará, entre outros relatores, o profesor Vicente Garrido, dr. en Psicoloxía e Graduado en Criminoloxía. |
![]() |
|||
| Exposición DIsCAPACIDAD Sede A Coruña. Ata o 19 de outubro Organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral), esta exposición enmárcase na conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral 2014, e ten como fin mostrar á sociedade a capacidade de loita das persoas con parálise cerebral e reivindicar a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e ao ocio. |
![]() |
|||
| CULTURA / EXPOSICIÓNS TEMPORAIS | ||||
![]() |
Historias de la Historia Sede A Coruña. Ata o 14 de setembro A mostra invita a construír e imaxinar distintas historias da Historia, que nunca é exactamente igual a como nola contaron, a través de obras de artistas contemporáneos e pezas da colección de pintura internacional da Fundación. Acompáñase dun programa didáctico para que participantes de todas as idades reflexionen sobre o constante cambio da Historia e o noso poder transformador nela. |
|||
![]() |
Compañeiros de oficio Sede Vigo. Do 5 de xuño ao 21 de setembro Compañeiros de Oficio, produción propia da Fundación Barrié, ten como propósito reivindicar unha reflexión nos últimos tempos poucas veces abordada sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos como Alvar Aalto, Alvaro Siza, Tadao Ando, Balkrishna Doshi, Peter Zumthor, Glen Murcutt...) ou como Charles-Édouard Jeanneret, Le Corbusier, o grande mestre que expresou o vínculo entre os "artesáns" de onte e os "creadores" de hoxe coas palabras que dan título a esta exposición. |
|||
![]() |
EDUCABARRIÉ Campamentos de verán – Visitas guiadas Obradoiros para familias – Obradoiros para escolares. Actividades gratuítas, previa reserva no tel. 981 06 00 95 (A Coruña) e 986 110 220 (Vigo). Dossieres didácticos en www.fundacionbarrie.org y en www.educabarrie.org. |
|||
![]() |
Catalá-Roca. Obras Maestras San Sebastián. Sala Kubo-Kutxa Ata o 1 de xuño Exposición coproducida pola Fundación e La Fábrica que propón unha relectura da traxectoria do fotógrafo catalán Francesc Catalá-Roca autor fundamental na renovación da fotografía da década dos cincuenta do século pasado, e que se compón dunha exposición, un documental, e a edición dun rigoroso catálogo de 450 páxinas con 300 fotografías cunha ampla investigación da vida do autor e material hemerográfico. |
|||
| Mariñeiros de visita ao barrio chinés de Barcelona © Herdeiros de Catalá-Roca. Colexio de Arquitectos de Barcelona |
||||
| EDUCABARRIÉ / PROFESORADO | ||||
| Curso Ensinar a Investigar Sede A Coruña, 12, 13, 19 y 20 de maio Actividade formativa orientada a fomentar entre o profesorado o uso da investigación como ferramenta educativa. Información e inscricións en www.educabarrie.org. |
![]() |
|||
| Presentación de proxectos escolares Sede Vigo, 28 de maio. 18.30h Xornada de presentación dos novos programas de innovación educativa de educaBarrié, e dos proxectos de centros educativos seleccionados na I e II Convocatorias de proxectos escolares. Información e inscripciones en www.educabarrie.org. |
![]() |
|||
|
|
| DIVULGACIÓN DA CIENCIA / EDUCABARRIÉ | |||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||||||
| XIX Día da Ciencia na rúa Parque de Santa Margarida, A Coruña, 10 de maio Ven a divertirte e aprende e aprende coas nosas actividades científicas nesta xornada, promovida pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencia. |
Talleres científicos ¿Ciencia ou maxia? Sedes A Coruña e Vigo Actividades didácticas de ciencia para alumnos de educación primaria. |
Espectáculos científicos Raios e chispas. Maxia química. 15 W de potencia Sedes A Coruña e Vigo Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO. |
Obradoiros Matemáticos |
||||||
| Máis información e inscricións en www.educabarrie.org Mantente informado das nosas actividades e accede aos nosos recursos educativos. |
|||||||||
![]() |
|||
| Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org |
|||
| Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí | |||