| Castellano | | | Galego | | | English | ||||||||
![]() |
||||||||||||
| Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié | ||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| EXPOSICIÓNS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS | ||||
![]() |
Rafael Moneo. Unha Reflexión Teórica desde a Profesión. Materiais de arquivo 1961-2013 SEDE A CORUÑA. Do 24 de outubro de 2013 ao 30 de marzo de 2014 A Fundación presenta a primeira gran retrospectiva do arquitecto, en colaboración co estudo Rafael Moneo. Organizada en cinco seccións biográficas que abordan toda a súa carreira, a mostra inclúe 46 proxectos a través de 17 maquetas, entre as que se encontra a do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida, unha das súas obras máis emblemáticas, 143 fotografías e 98 debuxos orixinais. < Moneo. Axonometría constructiva seccionada, Museo Nacional de Arte Romano, Mérida, España, 1980-1986. Lápis sobre papel © Rafael Moneo. |
|||
![]() |
EDUCABARRIÉ |
|||
![]() |
EDUCABARRIÉ |
|||
![]() |
Catalá-Roca. Obras Mestras CÍRCULO DE BELAS ARTES, Madrid. Ata o 12 de xaneiro de 2014 Tras o seu paso por Vigo, Valladolid, Barcelona, Zaragoza, Porto e Sevilla, a exposición Catalá-Roca. Obras Mestras, que xa foi visitada por máis de 200.000 persoas, preséntase en Madrid no Círculo de Belas Artes. < Francesc Català-Roca. Señoritas por la Gran Vía, Madrid, ca. 1959 © Herdeiros de Francesc Català-Roca / Colexio de Arquitectos de Barcelona. |
|||
| CONFERENCIAS | ||||
| Do realismo ao impresionismo. A arte na segunda metade do século XIX. Museo do Prado Nova edición do ciclo anual que a Fundación organiza dende 1999 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado, na que se analizará o proceso de modernización revolucionaria e imparable da arte impulsada polo realismo, o naturalismo e o impresionismo. 20.00 horas. Entrada gratuíta / Aforamento limitado SEDE A CORUÑA 29 de outubro. Francisco Calvo Serraller, Catedrático de Historia da Arte, Univ. Complutense O realismo. Gustave Courbet 6 de novembro. Francisco Javier Pérez Rojas, Director da Catédra Pinazo, Univ. Valencia Sorolla e Zuloaga: impresión e expresión de fin de século 13 de novembro. Ángeles Caso, Historiadora da Arte e escritora As irmás pequenas do impresionismo PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 de decembro. Carmen Pena López, Catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea, Univ. Complutense A invención da paisaxe española 11 de decembro. Paloma Alarcó, Xefa de Conservación de Pintura Moderna, Museo Thyssen-Bornemisza Edvard Munch, visións e símbolos |
Mariano Fortuny e Raimundo de Madrazo, El jardín de la casa de Fortuny, detalle © Museo Nacional del Prado. |
|||
| ACCIÓN SOCIAL | ||||
| Programa Más Social Xornada sobre captación de fondos e encontro Más Alumni SEDE VIGO. 28 de outubro Xornada aberta a dirixentes de entidades sociais galegas interesados en afondar na captación de fondos online no Terceiro Sector. A sesión de tarde estará dedicada a fortalecer e impulsar a rede Más Alumni formada por participantes das distintas edicións do Programa Formativo Más Social. |
![]() |
|||
| EDUCABARRIÉ
KTORCE-18.Programa para a prevención de condutas infractoras Programa que achega a Lei do Menor aos seus protagonistas a través de materiais didácticos e charlas dirixidas a alumnos e alumnas de 2º a 4º de ESO, aos institutos e colexios galegos e aos ANPA para informar, previr e concienciar sobre as consecuencias dos seus actos. |
![]() |
|||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||
| Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org |
|||
| Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí | |||