Summer Undergraduate Research Fellowship Program

Inicio / Educación / Formación do talento universitario / Summer Undergraduate Research Fellowship Program

Summer Undergraduate Research Fellowship Program 2021

Convocatoria pechada

A Fundación Barrié e o Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía do Louisiana State University Health Sciences Center, Shreveport, convocan a primeira edición do Summer Undergraduate Research Fellowship Program, un programa internacional de prácticas de laboratorio durante os meses de verán dirixido a estudantes universitarios galegos de titulacións universitarias en Ciencias da Vida.
 

O obxectivo desta convocatoria é achegarlles a investigación biomédica a universitarios galegos para que poidan adquirir experiencia nun laboratorio competitivo e orientar a súa carreira profesional.

Os estudantes seleccionados realizarán prácticas remuneradas de laboratorio no Louisiana State University Health Sciences Center, Shreveport, Estados Unidos durante 9 semanas, entre o 28 de xuño e o 27 de agosto de 2021. Durante a estancia, os estudantes terán a oportunidade de participar en seminarios, journal clubs e outras experiencias científicas para ampliar os seus coñecementos sobre microbioloxía e inmunoloxía.


Bases


FAQs


Plataforma de solicitud

CONTIDOS RELACIONADOS