BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornadas de Neuropsicoloxía: Aplicacións e implicacións no ámbito educativo

Venres 16 de Novembro de 2018
16:30-20:30

Sede Vigo

Ata completar aforo

Sábado 17 de Novembro de 2018
09:00-14:00 y 16:00-20:00

Sede Vigo


Entrada de balde previa inscrición.
Data límite de inscrición 16 de novembro de 2018 ata as 12.00h ou ata completar aforo.
Saúde Mental, R/Romil 84 - 36211 Vigo. Tel.: 986 416 876

O avance da neurociencia fai que nos atopemos non diante dunha moda pasaxeira senón diante dunha auténtica revolución con implicacións ata o momento inimaxinables; que nos axudarán a comprender o ser humano en xeral e, en canto ao tema que nos ocupa, a comprender os trastornos mentais, desde un nivel de análise (complementario e non excluínte), relacionándoos con patróns de afectación cerebral.

Obxectivos: O obxectivo deste curso é expor os avances no coñecemento do cerebro para explicar os trastornos mentais desde a perspectiva do funcionamento cerebral e as implicacións que iso leva consigo para a práctica clínica e, así mesmo, formular liñas xerais dun novo marco conceptual para a psicoloxía e a pedagoxía.

Destinatarios: Profesionais do ámbito da Educación, Saúde Mental, servizos sociais, mediación social, familiares, persoas afectadas e outros representantes da comunidade con interese pola promoción da saúde, de xeito particular da Saúde Mental.

Metodoloxía:
- Exposición de contidos teóricos.
- Reflexións teórico-prácticas.
- Participativa. Todas as situacións consensuadas cos participantes.
- A teoría como resultado da experiencia.
 
Javier Tirapu Ustárroz

Javier Tirapu Ustárroz é neuropsicólogo clínico e director científico da Fundación Argibide para a promoción da saúde mental. Impartiu máis de 500 conferencias, relatorios e cursos de divulgación sobre temas de neurociencia. Conta con máis de 220 publicacións e 8 libros relacionados coa Neuropsicoloxía. Así mesmo, é membro do comité científico e revisor de 10 revistas de neuroloxía. É profesor en 14 mestrados sobre neuropsicoloxía e neuroloxía da conduta en España e Iberoamérica. Co-director do mestrado sobre neuropsicoloxía da Universidade Pablo de Olavide e do Mestrado sobre trastornos do Espectro Autista. Coautor do documento de consenso sobre adiccións e neurociencia da Sociedad Española de Toxicomanías. Nomeado consultor experto para o plan de demencias da Generalitat de Cataluña. É premio nacional de Neurociencia Clínica outorgado polo Consorcio Nacional de Neuropsicoloxía en 2012. Os seus estudos centráronse preferentemente no estudo da neuropsicoloxía do córtex prefrontal e en aspectos como a intelixencia, a conciencia, as funcións executivas, as emocións e o cerebro social.


PROGRAMA

16 DE NOVEMBRO (Desde 16.30 ata 20.30h)

17.00 – 17.30h: Para que serve o cerebro?: unha visión holística.

17.30 – 18.00h: As falsas dicotomías.

18.00 – 18.45h: Modelos de intervención en psicoloxía clínica: cara a un novo marco conceptual en psicoloxía.

18.45 – 19.15h: Momento de lecer.

19.15 – 19.45h: Evolucionismo para comprender.

19.45 – 20.30h: Neuropsicoloxía da atención e TDAH.


17 de NOVEMBRO (Desde 9 ata 14.00 e desde 16.00 ata 20.00)

Mañá

9.00 – 10.00h: Neuropsicoloxía da memoria: proposta dunha nova taxonomía e as súas implicacións na educación.

10.00 – 11.30h: Neuropsicoloxía e proposta dun modelo baseado nos procesos.

11.30 – 12.00h: Momento de lecer.

12.00 – 13.00h: Avaliación das funcións executivas e implicacións na educación.

13.00 – 14.00h: Intelixencia executiva. Aplicacións prácticas no marco educativo.

Tarde

16.00 – 17.30h: Neuropsicoloxía das emocións: implicacións para a psicoloxía clínica e a educación.

17.30 – 18.15h: Neuropsicoloxía da cognición social.

18.15 – 18.45h: Momento de lecer.

18.45 – 20.00h: Implicacións da Cognición Social na educación, a súa avaliación e implicación nos trastornos do neurodesenvolvemento, sobre todo no TEA.



ETIQUETADO EN: NEUROPSICOLOXÍA  ,  EDUCACIÓN  ,  SAÚDE MENTAL  ,  TDAH

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •