BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada "...a respecto de Manuel Gallego Jorreto"

Manuel Gallego Jorreto

Elisa Gallego Picard

Venres 27 de Xaneiro de 2017

17:00-22:30

Sede Vigo

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle o próximo venres 27 de xaneiro na súa sede de Vigo a Xornada “…a respecto de Manuel Gallego Jorreto”, coa participación de Manuel Gallego Jorreto, Josep Llinàs, Víctor López Cotelo, José Manuel López Peláez e Juan Navarro Baldeweg. O programa da xornada inclúe unha visita guiada pola exposición da Fundación Barrié, unha mesa redonda coa participación de Manuel Gallego e un encontro aberto.

O evento está organizado polo Consello editorial-industrial de SCALAE (Cricursa, Lamp, Figueras, Geze, Cosentino, Pergo), en colaboración coa Fundación Barrié, Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Universidade de Vigo.

Acompañarán a Manuel Gallego Jorreto: Juan Navarro Baldeweg, Victor López Cotelo, Josep Llinàs, José Manuel López Peláez, Elisa Gallego Picard, Pablo Gallego Picard, Alfonso Penela, Margarita Ledo Andión, Yolanda Castaño, Encarna Otero, Álvaro García Ortiz, Guadalupe Piñera, ademais de representantes institucionais, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Universidade de Vigo, arquitectos, profesionais do sector e membros do Consello editorial-industrial de SCALAE.

PROGRAMA DA XORNADA

17.00  – 19.00 hs.. Sala de exposicións. Fundación Barrié, Vigo.
Visita comentada da exposición MANUEL GALLEGO. ARQUITECTURA 1969-2015

19.00 – 21.00 hs. Sala de actos. Fundación Barrié, Vigo
Preguntas, primeiras respostas, diálogo e debate de catro arquitectos, que coincidiron en colaborar no estudio profesional de Alejandro de la Sota, con Manuel Gallego Jorreto; sobre principios, procesos e situacións en arquitectura e sobre os materiais da exposición monográfica actualmente en exhibición na sede da Fundación Barrié en Vigo. Editor e Moderador: Félix Arranz.

21.00 – 22.30 hs. Sala de actos múltiples.  Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos. Encontro aberto.



PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •