Adestramento en transferencia de tecnoloxía

Inicio / Ciencia / Transferencia do coñecemento / Adestramento en transferencia de tecnoloxía

Adestramento en transferencia de tecnoloxía

A Fundación Barrié mantén a súa aposta pola ciencia feita en Galicia e a posta en valor dos seus resultados, a través dos programas formativos relacionados coa mellora das capacidades dos nosos investigadores e a profesionalización dos procesos de transferencia de tecnoloxía.

O Programa de Adestramento en Transferencia de Tecnoloxía, creado en 2010, diríxese a profesionais de toda España dedicados á avaliación e comercialización de tecnoloxías procedentes das universidades, redes de oficinas de transferencia de resultados de investigación (OTRI), fundacións hospitalarias, centros tecnolóxicos e outras entidades de I+D+i. Este programa comprende estadías de adestramento en centros internacionais de excelencia e actividades formativas en Galicia e outras ubicacións en colaboración con entidades como ASTP PROTON Knowledge Transfer Europe, Association of University Technology Managers (AUTM) ou Oxford University Innovation Limited.


Formulario de inscripción


2016 TTTP (Programa)


2016 TTTP (Evento)