Torneo de Debate Académico de Galicia

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Torneo de Debate Académico de Galicia

Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)


Prazo de inscrición pechado

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Escola de Oratoria e Debate TALKK, o Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de mellorar a expresión oral e fomentar o pensamento crítico dos estudantes de Ensinanza Secundaria Obligatoria (ESO) e Bacharelato de Galicia.

O TDAG está dirixido ao alumnado de todos os centros educativos públicos, concertados e privados de Galicia, desde 1º de ESO ata 2º de Bacharelato.

Os equipos estarán formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco estudantes do mesmo ou de distintos cursos, a criterio do centro educativo, e guiados por un profesor preparador. Previo ao desenvolvemento do torneo, os equipos recibirán unhas sesións de formación en oratoria e iniciación ao debate e á investigación.

A competición estruturarase en dúas fases: unha fase preliminar, na cal se celebrarán debates clasificatorios, e unha fase final que constará de oitavos de final, cuartos de final, semifinais e unha final, na cal se enfrontarán os dous equipos mellor clasificados. Os debates versarán sobre temas de actualidade, tanto de interese nacional como internacional.

Na súa primeira edición, celebrada en febreiro de 2019, o TDAG contou coa participación de 265 estudantes e 45 docentes, agrupados en 52 equipos procedentes de 27 centros educativos.

Actividade de balde. Prazas limitadas

 
 


Resultados e clasificación

CONTIDOS RELACIONADOS