Inicio / Taller "Disfaxia"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Taller "Disfaxia"

Luns 16 de Abril de 2018

19:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

“Disfaxia” é un taller organizado pola Asociación Párkinson Galicia-Coruña e dirixido a pacientes de párkinson e aos seus familiares.
O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta o sistema nervioso central o que provoca a aparición de síntomas motores e non motores. Unha das alteracións que aparece, en estadios precoces ou avanzados, e que pode carrexar graves problemas de saúde é a disfaxia.
Este taller, impartido por Belén Castro, logopeda na Asociación Párkinson Galicia-Coruña, estará dividido en dúas partes:  na primeira, trataranse os diferentes síntomas e na segunda daranse ferramentas e solucións para traballar a disfaxia.

Ata completar aforo previa inscrición mandando un email a info@parkinsongaliciacoruna.org ou chamando ao 981 241 100





PRÓXIMOS EVENTOS