BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Presentación da nova páxina web de acceso á dixitalización dos fondos documentais da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago

Estudo sobre os métodos de pesca da sardiña de 1834 (detalle)

RSEAPS

Xoves 16 de Marzo de 2017

11:00

Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela presentan a nova páxina web de acceso á dixitalización dos fondos da entidade compostelá. No acto intervirán José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela.

A presentación terá lugar na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, Praza de Salvador Parga, 4. 15704 Santiago de Compostela.

A nova web dará acceso a 160.000 imaxes dixitalizadas baixo o mecenado da Fundación Barrié. Estes documentos manuscritos datan dos séculos XIX e XX e conteñen información sobre todos os aspectos da economía galega: a emigración, os foros, a construción do ferrocarril, a pesca, a agricultura, entre outros. Este proxecto dixital é pioneiro en canto a que permite a participación dos usuarios na transcrición dos documentos, un paso esencial para facelos visibles para os buscadores de Internet e investigadores.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •