BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


II Simposio Internacional Andrew W. Mellon: "O esplendor do Pórtico da Gloria: conservación, policromía e a transfiguración da materia"

Xoves 07 de Xullo de 2016
Venres 08 de Xullo de 2016
09:30-19:30

Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela)

Ata completar aforo

Aberto ao público

Este simposio reúne a unha serie de destacados conservadores, científicos e historiadores da arte participantes no Programa Catedral de Santiago, na compaña dun selecto grupo de recoñecidos expertos internacionais. Ademais de presentar unha visión de conxunto dos resultados obtidos polos equipos multidisciplinares de especialistas que levan traballando no Pórtico da Gloria desde 2008, o simposio ofrece a oportunidade de salientar e debater novas achegas a aspectos tan relevantes para a conservación do patrimonio como poden ser os novos procedementos para a limpeza e consolidación da escultura policromada na pedra, o desenvolvemento de plataformas dixitais interactivas para o tratamento e visualización de datos ou as tecnoloxías de vangarda que permiten a restitución virtual das policromías históricas.

PROGRAMA DO SIMPOSIO CIENTÍFICO INTERNACIONAL ANDREW W. MELLON

XOVES 7 DE XULLO
 
Mañá
 
9:30h-10:00h:   Presentación: José Enrique Fernández Varela (Director de Patrimonio e Cultura, Fundación Barrié) – Daniel Lorenzo Santos (Director, Fundación Catedral) - Ana Laborde Marqueze (Coordinadora de Restauración do Programa Catedral de Santiago. Instituto do Patrimonio Cultural de España, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) - Francisco Prado-Vilar (Coordinador Científico do Programa Catedral de Santiago; Director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria. Universidade de Harvard, Real Colexio Complutense).
 
10:00h-10:15h: Proxección do audiovisual Andrew W. Mellon Fellowships for the Santiago Cathedral Project 

10:15h-11:00h: Francisco Prado-Vilar (Coordinador científico do Programa Catedral de Santiago; Director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria. Universidade de Harvard, Real Colexio Complutense).
 
Os sorrisos do Pórtico en tempos de guerra: A ciencia e a defensa da arte no eixe Santiago-Madrid-Harvard durante os conflitos bélicos do século XX
 
11:15h-12:00h: Ana Laborde Marqueze (Coordinadora de Restauración do Programa Catedral de Santiago. Instituto do Patrimonio Cultural de España, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).
 
O Proxecto do Pórtico da Gloria: Metodoloxía, criterios e retos. 
 
12:15h-13:00h: Rolda de Prensa avance proxecto de intervención. Salón de Actos Consello da Cultura Galega
Participan:
José María Arias Mosquera (Presidente, Fundación Barrié)-Daniel Lorenzo Santos (Director, Fundación Catedral) - Ana Laborde Marqueze (Coordinadora de Restauración do Programa Catedral de Santiago. Instituto do Patrimonio Cultural de España, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) – Francisco Prado-Vilar (Coordinador científico do Programa Catedral de Santiago; Director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria. Universidade de Harvard, Real Colexio Complutense).
 
Tarde

16:00h-16:45h: Marta Gómez Ubierna (Xefa do equipo de conservación, Fundación Catedral de Santiago)

O laboratorio da Gloria: Das casuísticas da conservación á ciencia da intervención.

17:00h- 17:45h: Rodorico Giorgi e Nicole Bonelli (Consorzio Interuniversitario per lo Sviluppo dei Sistemi a Grande Interfase, Universitá degli Studi Firenze)

Novos materiais para a limpeza de superficies polícromas.

17:45h-18:00h:     Pausa

18:00h-18:45h:     Michele Marincola (Sherman Fairchild Distinguished Professor of Conservation, Conservation Center of the Institute of Fine Arts, New York University; Research Scholar, The Metropolitan Museum of Art)
 
A escultura medieval española policromada nas coleccións americanas: Historia e conservación.
 
19:00h-19:30h: Conclusións e Mesa Redonda coa presenza de George Wheeler (Director of Conservation, Historic Preservation Program, Graduate School of Architecture, Planning and Preservation, Columbia University).
 

 
VENRES 8 DE XULLO

Mañá

9:30h-12:00h: Visita técnica de estudo ao Pórtico da Gloria (relatores e especialistas)
 
Tarde

16:00h-16:45h: Pedro Pablo Pérez (Colaborador externo do Instituto do Patrimonio Cultural de España, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)

Análise dos procesos de deterioración a respecto da historia material do Pórtico.

17:00h-17:45h:  Ingrid Geelen (KIK-IRPA, Royal Institute for Cultural Heritage, Brussels)

A imitación de tecidos de seda con brocado aplicado.

18:00h - 18:45h: Narayan Khandekar (Director of the Straus Center for Conservation and Technical Studies and Senior Conservation Scientist, Harvard University):

O proxecto dos murais de Rothko en Harvard: Unha Imaxe para un Espazo Público.

19:00h-19:45h: Conclusións: Ana Laborde Marqueze (Coordinadora de Restauración do Programa Catedral de Santiago. Instituto do Patrimonio Cultural de España, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) e Francisco Prado-Vilar (Coordinador científico do Programa Catedral de Santiago; Director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria. Universidade de Harvard, Real Colegio Complutense): As cores do Pórtico da Gloria, e mesa redonda coa presenza de Timothy P. Whalen (Director, Getty Conservation Institute, The Getty Foundation, Los Angeles).
 



PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •