Redes de excelencia

Inicio / Ciencia / Transferencia do coñecemento / Redes de excelencia

Redes de excelencia

A Fundación Barrié impulsa desde hai anos diversas iniciativas para propiciar unha rede estable de cooperación internacional entre os ámbitos científico e empresarial, para favorecer a posta en valor e a translación ao mercado dos grupos científicos de Galicia, e busca novas fórmulas para achegar a ciencia ao mercado e á sociedade.

O principal obxectivo é propiciar o establecemento de contactos de ámbito internacional que poidan frutificar en acordos de colaboración.

A Fundación Barrié foi co-promotora en España de eventos tan relevantes como a 9ª edición do Technology Transfer Summit Europe que se celebrou por primeira vez en España, da man de TTS Global Initiative, principal Think Tank en Biotecnoloxía, Biomedicina e Ciencias; as dúas primeiras edicións en España da Oxford Innovation Society Meeting & Dinner, un referente internacional no apoio á innovación aberta creado no Reino Unido en 1990 pola Universidade de Oxford.