Rafael Moneo

Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Rafael Moneo

Rafael Moneo. Unha visión teórica desde a profesión. Materiais de Arquivo (1961-2013)

2013-2014, Fundación Barrié, A Coruña / 2014, Centro Cultural de Belem, Portugal/ 2016, Mextrópoli, México/ 2016-2017, HKDI Hong Kong Design Institute / 2017 Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid

Trala súa presentación na Fundación Barrié, a exposición viaxou ao CCB (Centro Cultural de Belém) de Lisboa, ao Mextrópoli, México e ao HKDI Hong Kong Design Institute

A súa presentación no Museo Thyssen-Bornemisza é do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017.


A exposición Rafael MoneoUnha Reflexión Teórica desde a Profesión. Materiais de arquivo 1961-2013 é a primeira retrospectiva do arquitecto. A exposición, comisariada por Francisco González de Canales da Architectural Association de Londres, é unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudio de Rafael Moneo e foi presentada na Coruña en 2013. 

José María Arias, presidente da Fundación Barrié, sitúa a mostra no marco da liña expositiva da Fundación dedicada á Arquitectura: “Mies Van der Rohe, Le Corbusier, David Chipperfield, Gonçalo Byrne… e agora Rafael Moneo. Con este novo proxecto, a Fundación Barrié segue a render homenaxe a aqueles que entenden, coma nós, a arquitectura non como un espectáculo ou un alarde técnico e estético, senón como un nexo entre os habitantes da cidade e a experimentación do espazo”.

A exposición organízase en cinco seccións biográficas que abordan toda a súa carreira, onde se mostran 46 proxectos a través de 18 maquetas, entre as que se encontra a do Museo Nacional de Arte Romana (Mérida), unha das súas obras máis emblemáticas; 142 fotografías e 98 debuxos orixinais.

A escolma de materiais pon especial énfase na importancia do debuxo como ferramenta fundamental da cal o arquitecto se valeu para desenvolver o seu traballo e como medio para definir o seu pensamento. Acompañan aos debuxos, maquetas e fotografías do arquivo que axudan a ilustrar as obras seleccionadas. Esta é a primeira ocasión na que un conxunto tan significativo de debuxos orixinais ven a luz para amosar o oficio e o pensamento de Rafael Moneo.

Para a súa presentación no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid, a exposición foi ampliada e abarca tamén obras datadas entre 2013 e 2016.


Exposición Moneo en México


Exposición Moneo Hong Kong


Exposición Moneo Madrid


Nota de prensa

VIDEO

Presentación da exposición "RAFAEL MONEO. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016)" en Madrid

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS