Inicio / Sala de prensa / Programas de axuda a Centros Penitenciarios galegos

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Instituciones Penitenciarias, Fundación Roviralta, FEAFES Saude Mental Galicia, Fundación e Asociación Érguete.

22-03-2018

De esqda a dta): D. Xosé Ramón Girón. Presidente de FEAFES Saúde Mental Galicia; D. Ángel Yuste. Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias ; D. José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié; D. Tomás Testor. Secretario Xeral da Fundación Roviralta e Dna. Carmen Avendaño. Presidenta da Asociación e da Fundación Érguete.
© Fundación Barrié

A Coruña, 22 de marzo de 2018.- A Fundación Barrié presentou hoxe xoves 22 de marzo dous novos convenios de colaboración con Institucións Penitenciarias, reafirmando así o seu compromiso e apoio cos centros penitenciarios de Galicia co obxectivo de traballar pola reinserción de persoas privadas de liberdade. Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Institucións Penitenciarias, Fundación Roviralta, FEAFES Saúde Mental Galicia, Fundación e Asociación Érguete.

Desta maneira, a Fundación dá continuidade ao seu traballo de máis de 40 anos desenvolvendo un labor de apoio á reinserción no eido penitenciario, propiciado pola súa anterior presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago e cun investimento de 1,94 millóns de euros desde 1974.

A presentación contou coa intervención de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Ángel Yuste Castillejo, secretario xeral de Institucións Penitenciarias; Tomás Testor, secretario xeral da Fundación Roviralta; Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES Saúde Mental Galicia e Carmen Avendaño, presidenta da Fundación e da Asociación Érguete.

Ao acto asistiron ademais os directores dos cinco centros Penitenciarios de Galicia: C.P. A Lama (Pontevedra); C.P Teixeiro (A Coruña); C.P. Bonxe (Lugo); C.P. Monterroso (Lugo) e C.P. Pereiro de Aguiar (Ourense); así como o director do CIS Carmela Arias.

Os dous programas englobados nos convenios desenvólvense nos diferentes graos e seccións do ámbito penitenciario en Galicia e teñen enfoques diferentes dentro dun mesmo obxectivo, a reinserción:

  • Programa de apoio a módulos e actividades educativas en Centros Penitenciarios de Galicia
  • Programa de atención integral a persoas con enfermidade mental en Centros Penitenciarios de Galicia
Os dous convenios presentados abranguen unha colaboración a tres anos (2017-2019), cun investimento total de 600.451,50 euros (Fundación Barrié 58%; Fundación Roviralta 15%; FEAFES 14%; Fundación Érguete 5% e Asociación Érguete 8%.

O traballo continuado pola reinserción de persoas privadas de liberdade dos centros penitenciarios de Galicia e a Fundación Barrié permitiu que hoxe, case o 70% da poboación penitenciaria galega sexa beneficiaria dalgún dos dous programas. Este é só un dos indicadores recollidos a fin de referenciar a eficacia dos programas implementados.

A colaboración esténdese ás cinco prisións de Galicia, ao Centro de Inserción Social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” da Coruña e ao Centro de Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo, así como o desenvolvemento de actividades educativas para a comunidade escolar de Galicia.
 
Anexos con información ampliada:
  • Palabras de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié
  • Resumo polo miúdo (beneficiarios, obxectivos, indicadores) dos dous programas
  • Datos económicos
  • Descarga do vídeo na sala de prensa en: www.fundacionbarrie.org

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes

Videos