A maxia da robótica

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / A maxia da robótica

A maxia da robótica

Obradoiros e Concurso de robótica

A Fundación Barrié e Igaciencia organizan na Coruña e Vigo os Obradoiros e Concurso "A maxia da robótica" para escolares de toda Galicia.

Dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un eido de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para familiarizar e explorar o campo da robótica, así como potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.

O propósito de amosar aos mozos e mozas a robótica está vencellado ao potencial deste sector para crear e innovar, así como fomentar os desexos naturais por explorar o novo e o actual. A robótica brinda a posibilidade de concebir, crear e pór a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.
 
CONCULTAR GAÑADORES
 


A maxia da robótica-Coruña


A maxia da robótica - Vigo


Nota de prensa Concurso


Nota de prensa Resultados

CONTIDOS RELACIONADOS