Imatxina

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Imatxina

Imatxina

Obradoiros e Concurso matemáticos. XIII Edición

Imatxina é un programa de actividades didácticas e concursos de Matemáticas organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Escola Rosalía de Castro co asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), que este ano acada a súa XIII edición e terá sede nas cidades de Vigo e A Coruña.

O programa componse de diferentes actividades (obradoiros, concursos, exposicións, conferencias) dirixidas a alumnado de 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria e profesorado.

Imatxina ten como obxectivo sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo; favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares; amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar…; sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo; acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática; aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e as dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.

INSCRICIÓNS


Programa Vigo


Programa A Coruña

CONTIDOS RELACIONADOS