Inicio / Programa

Feira de Proxectos. Boas Prácticas

ORATORIA- AUDITORIO I


 

CIENCIA- AUDITORIO II


17:30h CEIP Condesa de Fenosa
O pequedebate do Condesa
9 alumnos de diferentes cursos de Primaria realizarán un programa de entrevistas en directo para explicar tres dos proxectos que se foron desenvolvendo no centro ao longo do curso.

17:45h CPR La Inmaculada
 #acercateamimundo
Dous alumnos de 4º de Primaria realizarán unha exposición coa que pretenden darnos a coñecer un pouco máis aquelas persoas con Autismo, dentro do proxecto en que traballaron ao longo deste curso centrado no TEA. 
 
18:00h CEIP Ben-Cho-Shey
O formigueiro do Bencho
Os alumnos do 2º curso de Primaria representarán un fragmento dunha obra de teatro que fixeron dentro do seu proxecto centrado nos insectos e no cal tamén están moi presentes as emocións, que tamén traballaron ao longo do curso.

18:15h IES A Xunqueira II
A nosa experiencia nun torneo de debate 
Dous alumnos de 2º da ESO realizarán unha exposición sobre a experiencia vivida ao participar nun Torneo de debate escolar a nivel autonómico. Un deles é Kevin, o alumno que gañou o premio ao mellor orador dentro da súa categoría.

18.30h CPR Eduardo Pondal
O saber ocupa o seu sitio
Alumnado de 2º da ESO explicarán na súa intervención a iniciativa que levaron a cabo no seu centro ao longo do curso escolar ao tratar de converter os corredores do colexio en verdadeiros museos da historia ao longo do tempo.
 
18.45h IES Fontem Albei
Vivindo en dous tempos
Catro alumnos de 1º e 2º da ESO falarán sobre o seu proxecto “Vivindo en dous tempos” que se centrou na investigación da vida na Fonsagrada hai 100 anos e no cal fixeron do seu centro un museo en que expoñer toda esa información.

19.00h CPR A Grande Obra de Atocha
MusicArte
Alumnado do grupo de enriquecemento MusicArte presentarán a forma na cal, agrupados por intereses e non por idades, aprenden uns dos outros a tocar diferentes instrumentos, e rematan cunha demostración práctica ao interpretaren unha peza musical.
  17:30h CEIP Ben-Cho-Shey
Exposición virtual con Cospaces
O alumnado preparou unha visita virtual á súa colección de insectos e arácnidos. Utilizando a contorna Cospaces prepararon un percorrido en realidade virtual polas fotos máis destacadas do proxecto.

17:45h CPI Aurelio Marcelino Rey García
Que relación hai entre o millo e a impresión 3D?
Os alumnado levou a cabo distintas actividades arredor do tema do millo. Deseñaron un xogo de mesa sobre as variantes máis habituais do millo.  Quedoulles como resultado un produto realmente vistoso. Utilizaron no proxecto impresión 3d, deseñando por exemplo os dados.  Tamén prepararon un xogo baseado en robots mbot relacionado coa temática.

18:00h CEE Panxón
Toleamos no espazo
O proxecto consiste nunha charla – espectáculo que imparten o profesor de Ciencias e un alumno de primaria durantes as ceas que organiza o centro como parte das actividades SEM.  A temática da actividade é o espazo e as súas condicións.
  
18:15h CPR La Inmaculada
A xeoclase
O alumnado de segundo de primaria traballou distintos temas de xeoloxía. Estudaron distintos minerais e construíron un volcán simulado que permite recrear erupcións utilizando vinagre e bicarbonato.
 
18:30h IES A Xunqueira II
Banda Rockbótica
O proxecto consiste no deseño e construción dunha banda de rock formada por robots. O alumnado deseñou desde cero os prototipos e posteriormente os “animaron” utilizando a plataforma Arduino para o control dos motores. Interpretan distintos tempos. A idea partiu do departamento de música.