Inicio / Sala de prensa / I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié puxo en marcha, en colaboración coa escola de oratoria TALKK, o primeiro Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato de todos os centros educativos de Galicia, sexan públicos, privados ou concertados.

04-02-2019

A Coruña, 4 de febreiro de 2019.- Na súa continua aposta pola innovación educativa, a Fundación Barrié organiza o presente torneo co obxectivo de afianzar a cultura da oratoria e o debate na educación, entregándolles aos alumnos e alumnas de educación secundaria e Bacharelato a posibilidade de traballaren cunha ferramenta educativa excepcional para o desenvolvemento do pensamento crítico e das súas habilidades de comunicación.
 
O I TDAG comezou hoxe na sede da Fundación Barrié na Coruña e a pregunta arredor da que xira o debate é: “A intelixencia artificial compromete o emprego humano?”.
 
Nos debates participan 52 equipos con 300 participantes entre alumnado e profesorado de colexios de toda Galicia:
- 27 centros educativos (9 públicos + 14 concertados + 4 privados)
- 54 equipos (28 da Coruña, 5 de Vigo, 3 de Carballo, 3 de Santiago de Compostela, 3 de Poio, 2 de Cangas, 2 de Culleredo, 2 de Pontevedra, 2 de Vilagarcía de Arousa, 2 de Zas, 1 de Becerreá e 1 de Nigrán)
- 264 alumnos/as participantes (dos cales 156 son rapazas e 108 son rapaces)
 
Os debates terán lugar ao longo de toda esta semana e rematarán o venres 8 de febreiro coa final que terá lugar no auditorio de 19h – 20.30h.
 
Todos os centros escolares participantes no I Torneo de Debate Académico de Galicia recibiron formación en oratoria e debate ao longo dos últimos meses coa finalidade de que, nunha primeira fase, os profesores poidan exercer como guías do alumnado durante o período de preparación da pregunta de debate.
 
O I TDAG ofrece, así, a todos os centros de Galicia unha ferramenta educativa integral, de grande utilidade tanto para a vida académica como para a vida persoal do alumnado.